O fin de ano en Rianxo, un éxito

2 Xan

20160101_022207

Non se podería cualificar con ningunha outra palabra que non fose a de éxito. Está claro que cada vez máis rianxeiros deciden quedarse aquí en lugar de saír noutros concellos como Boiro, porque o ambiente é inmellorable e teñen diversión e moi boa compañía durante toda a noite.

20160101_022437

Hai que dicir que a iso das 2 da madrugada non se chegaba á trintena de veciños dentro da carpa que estaba na praza de Castelao. Pero a partir desa hora os veciños foron entrando ata abarrotala.

20160101_025348

A iso das 2.50 dende a Comisión de Juadalupeñas comezaron a repartir gominolas gratis entre todos os asistentes para celebrar de novo, esta vez con todos os veciños, as badaladas de Aninovo.

20160101_025228

Ás 3 os DJs avisaron para que todo o mundo preparase as gominolas e recordaron que antes das badaladas van os cuartos, así que todo o mundo estaba xa listo para celebrar de novo a chegada do 2016.

finano2

A diferenza do ano pasado, comentar que este fin de ano a temperatura foi bastante suave (uns 13º), polo que nin sequera foi preciso usar un canón de calor que había dentro da carpa. Choveu un pouquiño a partir das 3.30, pero moi pouca cousa.

findeano3

Comentar que o ambiente non era só na carpa da praza. Grazas a esta iniciativa numerosos locais da zona tiveron moitísimos clientes durante toda a noite. A primeira hora xa se vía moita xente nos soportais do Guadalupe e do Gallaecia, pero tamén estaba aberto o Refugio, o Castelao, o kebak ou A de Valen, entroutros.

findeano5

Unha das cousas boas que ten o fin de ano en Rianxo é que participa xente de todas as idades. Puidemos ver dende mozos de 15 anos, pasando por matrimonios que acudían cos fillos en familia a pasalo ben, ata xente xubilada que tamén quería bailar. É algo que nos encanta, que as distintas xeracións se unan para celebrar este tipo de festexos.

findeano6

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: