O 4G pode ocasionar interferencias na televisión en Rianxo

20 Dec

Antena

Hai tempo, de seguro que vos lembrades, tivo lugar o apagón analóxico. O primeiro que notamos todos foi que as nosas antigas televisións de tubo non servían e había que mercar un adaptador TDT para ver as canles. Ou iso ou pasarnos ás modernas teles de plasma.

O segundo que notamos foi que había máis canles de televisión, xa que chegaron a TVG2, Nova, Neox, FDF e moitas outras que vemos diariamente. E que apareceu a alta definición nas pantallas.

O que se produciu foi un cambio na forma e emitir as canles (de analóxico a dixital), que permitía comprimir o sinal, ofrecendo máis calidade. É dicir, o que antes ocupaba unha canle analóxica, agora permite enviar catro canles.

Todas estas emisións que van polo aire, fano de forma regulada. O aire non é, por así dicilo, infinito, senón que por aí van as emisións de moitas cousas: vai o satélite, vai a radio, a televisión, vai o sinal de móbil… E quen o regula é o Goberno, de tal xeito que sen unha licenza  non se pode emitir un sinal de televisión en aberto, por poñer un caso.

O tema é que con aquel apagón analóxico que permitíu ter máis canles en menor espazo, quedaba libre unha parte do espectro radioeléctrico. E decidiuse destinalo á telefonía móbil, en concreto ao 4G. Que non é outra cousa que poder navegar a maior velocidade co móbil, con conexións de máis de 50 megas, algo impensable hai tempo. E tamén cun tempo de resposta (latencia) moi rápido, moi superior ao que ofrece o 3G.

Estes servizos móbiles 4G van pola frecuencia de 800MHz que antes utilizaba a televisión, polo que nalgúns casos hai interferencias. Vamos, que podemos estar a ver a tele tranquilamente na nosa casa, ter problemas, e a razón é a telefonía móbil, como informan dende o Concello e dende a web llega800.es

En Rianxo xa hai antenas que ofrecen o 4G, polo que se temos algún problema por esta razón, é preciso chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999. De ser necesario, hai que abrir unha reclamación e mandarán unha empresa instaladora autorizada para solucionar o problema de forma gratuíta, instalando un pequeno filtro na antena da vivenda ou comunidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: