Decoración artesanal en Rianxo polo Nadal

16 Dec

FB_IMG_1448999959209

Unha vez máis, e por segundo ano consecutivo, as rúas e edificios públicos de Rianxo vense engalanados por decoración navideña artesanal.

Da man do colectivo Ondiñas Mainas, chegan estes adornos confeccionados con materiais de reciclaxe. Veñen traballando dende setembro para demostrar que sen cartos tamén se pode decorar perfectamente unha vila como a nosa.

Como nos comentan dende o colectivo, este material, de refugallo tal como CDs, botellas de plástico, restos de fío, libros vellos, tapóns, etc, ao remata-las festas son recollidos e depositados nos seus contedores correspondentes, agás os tapóns de botellas e tarros que van directamente para o banco de tapóns.

Deixámovos a continuación unhas cantas fotos do traballo que poderemos ollar estas festas e que amablemente nos ceden dende o colectivo:

Por último, indicar que o colectivo Ondiñas Mainas (colectivo sen ánimo de lucro), convida a quen estea interesado a unirse a el@s para ver e colaborar no que se fai en materia de artesanía na contorna, pois o colectivo quer dar a coñecer  os traballos dos seus compoñentes coa sua difusión e exposicion como a que fixeron en Setembro e axudar a poñer en valor todo ese traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: