O pasado xoves 12 de outubro pola tarde houbo xornada de portas abertas no CEIP Castelao de Rianxo. O motivo? Poder observar e desfrutar das composicións outonais que @s cativ@s do cole (axudados polas nais e pais) fixeron nas súas casas e logo dispuxeron nos corredores para que os puidéramos ver.
Canto mide un ferrado?
11 NovEn moitas ocasións atopamos nas nosas casas as mesmas preguntas en conversas familiares entre as distintas xeracións dunha familia.
– Canto mide un ferrado?
– 12 Cuncas!
– E canto mide unha cunca en metros…?
E aí acaba a cousa, porque así acostuman acabar os diálogos deste tipo cando as xeracións máis “modernas” intentan cuantificar todo en metros cadrados, mentres as xeracións máis antigas seguen coas súas medidas ancestrais, sen atopar moita correspondencia entres ambos os dous métodos de medida.
AS RESPOSTAS
En Rianxo, 1 ferrado equivale a 420m², 1 cunca equivale a 35m², polo que 1 ferrado é igual a 12 cuncas. E si, é sobresaínte destacar que estas medidas son unicamente en Rianxo, pois o problema que teñen este tipo de cuantificacións é que van variando segundo cada concello de Galicia.
Habería que repasar cada un dos 314 concellos do noso país, para ver todas as medidas, xa que en poucos casos se repiten valores. É máis, os valores poden ser do máis dispar. Aí temos os exemplos de Cerceda con 639m²/ferr., Muros con 335m²/ferr., Boiro con 484m²/ferr., Vilanova de Arousa con 629m²/ferr.,…
A páxina web onde se poden comprobar todas as medidas de Galicia é http://www.proserga.es/ferrado.php
O normal é que en Galicia haxa unha media de entre os 400 a 600 m² en cada ferrado, como é o noso caso particular de Rianxo. Pero ao longo dos distintos concellos podemos atoparnos diferenzas moi considerables como son os casos de Soutomaior con só 64m²/ferr., Redondela con 69m²/ferr., ou Fornelos de Montes e Pazos de Borbén con 74m²/ferr., que presentan as superficies máis pequenas. No outro extremo da capacidade aparecerían concellos coma Portomarín onde albergan 671m²/ferr., Alfoz, Valadouro, Barreiros ou Foz con 714m²/ferr., e Xove ou Cervo con 725m²/ferr.
A ORIXE
Este tipo de medidas usadas en Rianxo, o ferrado, ao igual que outras utilizadas en toda Galicia, teñen a orixe en utensilios cunha capacidade concreta que se utilizaban para medir a produtividade da terra, así, en Rianxo farían falta 420m² de terra para producir o cereal preciso para encher un recipiente denominado ferrado.

Imaxe de un ferrado, extraida de: http://quepasanacosta.gal/
A outra medida que se utiliza en Rianxo, e non en outros moitos lugares, é a cunca, o cal tamén ten a súa orixe noutro recipiente máis pequeno, que igual que o ferrado era o que se enchía de cereal ca colleita de 35 m².
O ferrado é unha medida utilizada en toda Galicia, aínda que a cunca xa é algo mais propio da nosa zona, e igual que outras medidas teñen a súa orixe en utensilios de medida e capacidade hai outras medidas que se utilizan polo resto de Galicia. Desta maneira o cuartillo é unha medida utilizada en Boiro (entre outros lugares) (1 Cuartillo = 22,33m²), a Vara é unha medida utilizada na zona do Morrazo (1 Vara = 4,5 a 7,5 m²-segundo concello),… En definitiva, un amplo abano de utensilios e recipientes antigos que servían para medir a terra en base á súa capacidade productiva, de ahí a variación que se presenta nos distintos concellos, incluso en algún chegando a variar en cada parroquia.
A CURIOSIDADE
Existen varias fontes onde se mostra a Rianxo xunto con outros concellos da comarca con unha superficie de 484m² por cada ferrado. Esta dicotomía ca realidade anteriormente explicada ten a súa orixe nos cambios sufridos polas distintas parroquias do concello e polas provincias galegas durante a primeira metade do século XIX.
Orixinalmente as medidas eran valoradas por cada parroquia, como aínda na actualidade pasa en algún concello, mantendo esa diferenza interna por concello. Rianxo, como se debería saber, estaba repartido en tres concellos distintos (Rianxo, Taragoña e Asados), estando separados en distintos partidos xudiciais (Noia e Padrón), desta forma, cada concello tiña unha superficie equivalente dos ferrados segundo o partido xudicial no que se emprazaba. Na actualidade, aínda que en algunha base de datos poida aparecer esta segunda referencia, a medida oficial foi a comentada ao longo desta entrada (1 Ferrado = 420m²), tendo os 484 metros cadrados coincidencia con concellos coma Boiro co que antigamente se compartiu partido xudicial por parte do actual concello de Rianxo.
Por se todo isto non fora moito e xa para acabar co enredo, sería notorio destacar que cando temos necesidade de pasar polo notario ou pola oficina do catastro, en moitos dos casos aparecen os documentos das nosas parcelas coas superficies expresadas en áreas, o cal ten unha equivalencia de 100 m².
1 Ferrado = 12 Cuncas
1 Ferrado de Rianxo = 420 m²
1 Cunca de Rianxo = 35 m²
1 Área = 100 m²
Os camposantos de Rianxo en Defuntos
1 NovO Día de Defuntos é unha xornada moi especial para moita xente. É un día para ir ata os cemiterios, rezar aos que xa non están e lembrar o seu recordo. Centos de rianxeiros pasaron hoxe polos diferentes camposantos da nosa localidade, que contaban cunha estampa pouco habitual, con moitas luces e flores.
A libraría Cándido, un establecemento con máis de 110 anos
13 OutUnha das librarías máis antigas de Galicia está en Rianxo. En concreto é a libraría Cándido. Hai documentos que a data de 1904, aínda que se cre que comezou a funcionar antes. Iso si, daquela chamábase “Establecimientos La Colmena” e tiña fíos, agullas e de todo un pouco.
Alí estivo a primeira imprenta de Rianxo, que era manual.
Duarte Galbán, xefe de produción e guionista de Gafas e Pallaso: “Nunca pensamos que a nosa webserie tería esta repercusión”
10 SetNa web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.
R habilita 80 puntos wifi gratuítos en Rianxo
19 Ago
O operador galego de telecomunicacións por cable R está a abrir por toda Galicia unha rede con miles de puntos wifi gratuítos para os seus clientes. wificlientesR, que así se chama este servizo, ten dispoñible algo máis de 80 puntos de acceso a internet en Rianxo.
Procesión do San Cristovo 2015
11 XulHoxe, 11 de xullo, celebrouse a tradicional procesión de coches engalanados para honrar ó San Cristovo. Coma sempre e despois da misa da unha, unha boa morea de coches, motos e camións xuntáronse onda a capela de San Bartolomeu, e despois da misa dou comezo o percorrido polo concello. Seguir lendo
Entrevista a Óscar Reboiras
1 XulOnce da mañá do domingo despois da romaría de San Pedro. Aproxímome ó Toffe, onde quedei con Óscar para comezar a mañá. Vese que está algo impaciente, pois xa ten o zume de pexego a medias e normalmente é el quen chega tarde (eu son máis puntual….).
Pido un café con leite con xeo para coller forzas e logo de falar un par de cousiñas para ir tranquilizando ó xefe. Decidimos facer a entrevista na contorna do muíño da Laxe, en plena ruta do río Té.
Preguntas a Óscar Reboiras
16 XuñNo blog estamos a piques de cumprir o soño das 300.000 visitas e, por esa razón, temos preparada unha pequena emboscada a Óscar Reboiras, alma máter deste blog, que comezou a súa andadura alá polo ano 2009.
Para esta ocasión queremos que nos enviedes preguntas para Óscar ao seguinte enderezo de correo electrónico:
preguntasaoscar@gmail.com
e en canto as responda, poñerémolas nun post.
Non nos queda máis que darvos infinitas grazas por seguirnos cada día, neste noso pequeno recunho de información, fotografías, entrevistas, reportaxes… que tanto nos fai desfrutar.
Agardamos as vosas preguntas.
Un saúdo e moitísimas grazas a tod@s!!!









