R habilita 80 puntos wifi gratuítos en Rianxo

19 Ago

 

O operador galego de telecomunicacións por cable R está a abrir por toda Galicia unha rede con miles de puntos wifi gratuítos para os seus clientes. wificlientesR, que así se chama este servizo, ten dispoñible algo máis de 80 puntos de acceso a internet en Rianxo.

Para acceder a eles, o primeiro de todo é ser cliente de R, ben no móbil ou ben nun servizo fixo. Dese xeito, pódese configurar nun móbil Android, nun iPhone, nunha tablet ou nun portátil o acceso a esta rede. Configúrase unha vez e listo: cando o aparello detecte un punto wifi desta rede, sexa en Rianxo, en Vigo ou en Ribadeo, xa se conecta automaticamente.

Dese xeito, os que tiran moito do móbil e viaxan poden tirar bo proveito deste servizo. De feito, permite un consumo mensual de 20GB a máxima velocidade e, a partir, a velocidade redúcese a 256Kbps, que serve para mandar whatsapps e usar algún que outro servizo (navegar con fluídez, de seguro que non).

R ten uns 52.000 puntos wifi gratuítos por toda Galicia e, no Barbanza, poden atoparse tamén moitos puntos de acceso en Boiro, A Pobra ou Ribeira. Do outro lado da ría por todo o Salnés: Vilagarcía, Vilanova, Cambados, Sanxenxo, O Grove… Así que se ides de festa esta verán e sodes clientes de R, tedes a opción de non gastar dos vosos datos de móbil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: