Este pasado venres o grupo Seis por Oito actuou no auditorio rianxeiro
. Foi xa comezada a noite, a partir das 22:30 horas, presentando o seu disco Imos a-la!
Trátase dun grupo moi recente, nacido hai tres anos que, como eles mesmos indican, tratan de “buscar, descubrir e reivindicar novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo”
Esta formación gañou o concurso de grupos noveis do Festival Intercéltico do Morrazo do ano pasado 2014 e no auditorio demostraron a razón.
Arón, Cristina, Bea, Ismael, Tony e Juan, os seis músicos que conforman SeispoOito trata de que a música tradicional teña “un toque e unha visión contemporánea, actual e persoal”. Isto conséguese grazas a que os seus integrantes veñen de estilos musicais diversos, mesturando todos eles e facendo a súa propia música, aínda que “sempre mantendo a raíz e a esencia da tradición”.
No seu repertorio teñen lugar as melodías e letras recompiladas por toda Galicia e que forman parte do noso patrimonio musical e inmaterial.
Deixar unha resposta