O pasado sábado 15 de agosto Alonso Caxade actuou no Auditorio de Rianxo. O músico, nminado aos “Premios Mestre Mateo”, aos “Premios Galegos da Música” aos “Martín Códax” e gañador do “Certame Música Xove” mediou o recinto para compartir a súa música.
O proxecto de Alonso Caxade leva o seu mesmo apelido, CAXADE. Trátase dunha banda na que el é a voz e toca ademais o acordeón, Manu Paino toca a trompeta e o carrillón, Manu Espinho encárgase do bombardino e Xosé Tunhas da batería.
Ao final o concerto, que estaba previsto na praza de Rafael Dieste, tivo que trasladarse ao auditorio por culpa do mal tempo e da ameaza da chuvia. Así e todo, o importante era poder gozar destes grandes músicos e do seu primeiro disco, “A Dança dos Moscas”.
Deixar unha resposta