Mañá sábado, ás 22.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo Carapaus. Estaba previsto na praza de Castelao, pero como está previsto que chova, ao final cambia un lugar onde non nos mollemos e onde os músicos poidan tocar sen resfriarse 😉
Tamén terá lugar na praia de Tanxil, mañá a partir das 11 horas o I Torneo de Rugby Praia de Rianxo. Está organizado polo Club Barbanza Rugby e os Irlandeses de Rianxo.
Deixar unha resposta