Tag Archives: actividades

Os Carapaus e rugby esta fin de semana en Rianxo

21 Ago

Mañá sábado, ás 22.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo Carapaus. Estaba previsto na praza de Castelao, pero como está previsto que chova, ao final cambia un lugar onde non nos mollemos e onde os músicos poidan tocar sen resfriarse 😉

Seguir lendo

Actividades 2014 da Asociación de Veciños do Araño

5 Out

As actividades que se están a desenvolver durante este curso a Asociación de Veciños do Araño son as seguintes:

  • Informática: martes (20-22 h) e venres (17:30-19:30 h) na escola de Buía.
  • Bolillos: xoves (15:45-17:45 h) no centro da Capela.
  • Bordado: xoves (19-21 h) no centro da Capela.
    Zumba: luns e venres (21:30-22:30 h) no centro da Capela.
  • Taller de memoria: martes (10:30-12 h) na escola de Buía (organizado polo Concello).
  • Ximnasia mantemento para os maiores: luns e mércores (9-10 h) no centro da Capela (organizado polo Concello).

Os interesados en asistir ou ben impartir outras activides poden contactar coa Asociación de Veciños no seu facebook.