Onde deixar tapóns en Rianxo

15 Xul
Imaxe de https://flic.kr/p/2SFiMm

Fonte da imaxe: https://flic.kr/p/2SFiMm

Moitos de nós, ademais de separar o plástico e as latas da materia orgánica á hora de tirar o lixo, tamén nos paramos para sacar os tapóns de plástico dos cartóns de zume, das bolletas de suavizante, das botellas de refresco ou de auga, dos frascos de champú… En Rianxo hai distintos puntos nos que deixalos e, dese xeito, podernos colaborar cunha causa solidaria.

En concreto, na nosa comarca temos o Banco de Tapóns do Barbanza, que vai reunindo e clasificando os tapóns que lles envían dende distintos concellos para vendelos e ofrecer eses cartos a alguén que o necesita. Agora mesmo, o diñeiro que recaden irá para Irene Abalo Calo de Boiro, unha rapaza de 15 anos con parálise cerebral que precisa de 15.000€ para unha operación de fibrotomía gradual, para unha therasuit , así como outras terapias. Do que gañan e de como o empregan, sempre dan debida conta.

Se vos animades a xuntar tapóns para esta causa, sabede que en Rianxo hai distintos puntos de recollida. Velaquí o listado:

– C.E.I.P. Ana María Diéguez (Asados)
– C.E.I.P. O Cruceiro (Taragoña)
– C.E.I.P. Brea Segade (Taragoña)
– C.E.I.P. “A.D.R Castelao” (Rianxo)
– gardería A Galiña Azul (Rianxo)
– IES Félix Mouriel (Rianxiño)
– conxelados O Muelle (Rianxo)
– supermercados Costas-Aliprox (Taragoña)
– bar Pacheco (Taragoña)
– estanco Xacobiño (Asados)
– cafetería Gallaecia (Rianxo)
– cervexería Guadalupe (Rianxo)
– Servizos Sociais de Rianxo
– almacén de obras na Carballeira (Rianxo)
– piscina municipal de Rianxo
– perruquería Manolita (O Araño)

Se alguén quere crear un novo punto de recollida, que contacte con eles no seu facebook.

Por certo, que hai moitos produtost que serven para este fin, seguramente máis dos que pensades (tapas de bolis, CDs, cápsulas de café…). Tedes un listado completo aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: