Onte pola noite celebrouse unha nova edición da pasarela Castelo da Lúa no pavillón polideportivo de Rianxo. O evento estivo organizado pola Asociación Rianxeira de Empresarios, coa colaboración do Concello de Rianxo.
Nun recinto ateigado ata a bandeira, puoidemos desfrutar dos pases ofrecidos polas distintas empresas de roupa, calzado, ópticas e complementos d@s socios da ARE.
Puidemos ver na pasarela a Donaire, Academia de corte e confeción Mª Jesús Gey, zapaterías Marty, Óptica Grela, Acuarela e Boutique Pasarela.
O pase estivo presentado, coma na anterior edición, pola magnífica Belén Xestal, que estivo acompañada abrindo o desfile e ó peche do mesmo polo presidente da ARE, Alfonso Castro Rodríguez.
Deixámosvos a continuación unhas cantas fotiños do que foi o desfile que durou 2 horas:
Unha resposta a “Fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2015”