Podes marcar o partido ao que vas votar, xa que se trata de algo totalmente anónimo.
9 Respostas a “Enquisa de intención de voto en Rianxo”
Trackbacks/Pingbacks
-
01/03/2016
[…] Enquisa de intención de voto en Rianxo: 2.104 visitas […]
-
Paréceme unha iniciativa moi boa.
Gústame moito o tratamento que facedes sempre da campaña local. Parabéns.
Nesta ocasión bótase de menos as entrevistas ós candidatos, non tendes pensado facelas nesta ocasión?
Alégranos que che guste o tratamento 🙂
Si, xa temos unha entrevista feita. A ver esta fin de semana se facemos máis, porque dun partido din que si, pero non nos dan chamado. E hai outro partido que di que só pode facer a entrevista por escrito, cando queremos ser obxectivos e que en todos os casos sexa en persoa, co mesmo criterio.
Aínda falta bastante, así que temos esperanza de poder entrevistar a todos. Na campaña anterior Adolfo e Vanesa portáronse moi ben con nós e recibírinos para as entrevistas.
Gustariame saber coa transparencia que sempre vos caracterizou e que os vosos seguidores agradecemos, quen ese candidat@ que quere as preguntas por escrito e non en persoa. Penso que os veciñ@s de Rianxo deberia-mos ter estes datos, e saber porque non se ” atreve ” a repostar en persoa, ainda que eu visto o visto na entrevista da sete CanalRias Baixas, e atando cabos xa imaxino que candidat@ e. Graziñas pola vosa labor por ternos informados.
Aínda estamos en proceso de negociación cos candidatos e non perdemos a esperanza de poder entrevistar a todo o mundo en persoa.
Á xente vímola receptiva, e imos agardar.
Se ao final non sae algunha entrevista, pois explicarase de forma transparante como foi o proceso. Hai catro anos tamén o fixemos, porque houbo un candidato que por moito que insistimos non nos fixo caso e iso que incluso contactamos con responsables de comunicación do seu partido en Santiago.
Paréceme tristísimo que haxa que recurrir a resposables de comunicación e rollos deses para poder entrevistar nesta páxina a un candidato de Rianxo. Que esto é Rianxo, esto é unha páxina que fala cousas de Rianxo e que seguramente nun 99% unicamente lea xente de Rianxo, que somos todos veciños, home.
E estades decindo que hai xente que vai nunha lista local que depende de resposables de comunicación de Santiago e historias destas…
Pois vaia veciños imos ter gobernándonos.
Isto xa digo que foi hai catro anos. Como non tivemos resposta do partido a nivel local, intentámolo a nivel galego e alí dixéronnos que sen problema, que o avisaban. Pero ao final non nos chamou ninguén e non puidemos facer a entrevista. Xa digo que foi nas eleccións anteriores. Desta vez temos contactos máis directos 🙂
Totalmente dacordo con Agapito, e chego dende logo á mesma conclusión ca él. Noraboa pola labor que facedes.
RIANXO EN COMUN é unha boa alternativa, non descartedes este posibilidade, é importante darlle a oportunidade a outras persoas que ademais de non aceptar donacións, buscar transparencia, traballar en equipo, ter en conta as parroquias, as opinións de todos, a rotatividade nos postos, o movimento impulsor e sobre todo a publicación de todo o que pasa dentro e fora do Concello….