Crónica e imaxes do 2º Foro de Rehabilitación de Rianxo

1 Mai

f00

Crónica e fotos do arquitecto Carlos Bastos. A pasada fin de semana vivimos en Rianxo o 2º Foro de Rehabilitación. Despois do inicio no ano pasado a través do 1º Foro, o cal estaba máis dirixido a estudantes de arquitectura e a un campo de traballo sobre o tema, este ano de forma decidida centrouse no desenvolvemento arquitectónico a través da rehabilitación, dende puntos de vista técnicos, construtivos, políticos e sociais.

O acto celebrouse no Cuartel Vello de Rianxo, cunhas xornadas repartidas de forma bastante coherente para que calquera interesado tivera a opción de achegarse ó foro sen maior impedimento laboral. Xa que as xornadas discorreron a partir da tarde do venres ata o domingo ao mediodía.

Como se pode ver no díptico que se repartía á entrada do propio foro, á parte dos horarios das distintas intervencións tamén se podía descubrir as actividades paralelas que se ían celebrar na carpa instalada no Campo de Arriba, onde durante todo a fin de semana estibo activa unha feira da construción para rehabilitación.

f00-

A partir das 4 da tarde do venres a xente xa comezaba a chegar ó Cuartel Vello, onde como norma xeral se atopaban antigos coñecidos relacionados con empresas construtoras ou con estudos universitarios os cales, de forma máis ou menos intencionada, participaron neste foro de interese xeral.

O foro foi seguido por diversos medios de comunicación.

f01

Imaxe exterior da entrada ao foro.

 

Imaxes do interior do salón onde se realizou o encontro, onde houbo moita afluencia. Houbo xente que quedou fóra das listas de asistencia e para certas conferencias o lugar quedouse pequeno, xa que varias persoas tiveron que escoitar de pé á entrada do salón.

f03

Acto de presentación, formado polo director do foro e director da oficina da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo (Carlos Coto), o alcalde de Rianxo (Adolfo Muíños), o presidente da Asociación de Empresarios do Barbanza (José Romero) e o responsable de Noia Histórica (Francisco Pérez).

f04

Despois das presentación, comezaron de forma continua as distintas intervencións, comezando polas obras do arquitecto compostelán, Juan Pinto.

f05

Imaxe dun arquitecto colaborador do estudio de Juan Pinto, xa que o arquitecto convidado non puido asistir por problemas médicos.

 

f06

Imaxe exposta dunha das obras máis chamativas do estudo de Juan Pinto, a cal servía de reflexo da arquitectura das casas do centro histórico de Rianxo, xa que non sobrepasaba os 20m² en planta.

Manuel Gallego Jorreto, dos máis destacados arquitectos a nivel nacional, recentemente premiado polo Colexio de Arquitectos de Galicia a unha traxectoria ou Medalla de Ouro da Arquitectura polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España no ano 2010 fixo unha intervención maxistral onde presentou dúas rehabilitacións dende puntos de vista totalmente distintos. A casa natal no Incio e o antigo Banco de España en Santiago de Compostela.
O arquitecto explicando de forma moi explícita partes das súas intervencións.

f07

Manuel Gallego deixou moi bo sabor de boca nos asistentes, os cales romperon nun gran aplauso improvisado de forma alongada no tempo ó rematar a súa intervención, onde deixou reflexións de peso sobre a rehabilitación.
A finalidade da rehabilitación, o uso para o que se vai volver a habitar ou usar un edificio, a intervención dos arqueólogos en obras de arquitectura, ou a intervención directa sobre o edificio por parte do arquitecto ou restaurador foron temas desenvolvidos por el e discutidos ao final da súa intervención.

f08

Gallego deixou grandes frases das cales poden ser extraídas citas para a posteridade dos foros rianxeiros ou da súa carreira como profesional. Así que xa as catalogamos como grandes frases de Manuel Gallego Jorreto, pronunciadas en Rianxo a 24.04.2015:

“Baixo a desculpa de rehabilitar fanse auténticas barbaridades”.

“Os arqueólogos son temibles”

“Cos promotores da obra entendíame moi ben, cando me botaron da obra entendino perfectamente e funme”.

“Rehabilitar é habitar un edificio de acordo á situación actual, senón habitar un edificio antigo segundo as características antigas sería un auténtico martirio”.

“Un país que permite que se expulse a un arquitecto de unha obra, é un país que non pode dar para moito”.

A intervención de Gallego foi das seguidas con mais expectación e admiración.

A intervención de Gallego foi das seguidas con mais expectación e admiración.

O arquitecto local Amancio Losada explicou a súa intervención na casa museo de Manuel Antonio antes de que a xornada acabara na visita a dito museo.

f10

Rematada a xornada do venres, algúns dos conferenciantes e asistentes foron dar un paseo analítico polo casco antigo de Rianxo. Na imaxe pode observarse a Carlos Coto, Manuel Gallego, Victor López Cotelo… entre outros.

f11

O sábado comezou a xornada ás 10 da mañá, onde dende o primeiro momento xa había moi afluencia puntual de público asistente.

f12

A primeira poñencia do sábado foi a cargo do estudo Abalo & Alonso, o cal se centrou en varias rehabilitacións no entorno de Santiago de Compostela con usos do máis variado. O gran debate xerado sobre o público naceu a partir dunha rehabilitación que realizou o seu estudo sobre unha construción sen uso final.

f13

Salgado e Liñares deixou expostas dúas intervencións en espazo público, na localidade de Noia. Deixando ao público asistente unha sensación de debate e curiosidade sobre unha delas abarcada na praza do Curro de Noia.

f14
Foi moi destacada a forma de comezar o discurso:

“Hai que ter un amplo coñecemento sobre as normativas, para saber como poder saltalas”.

O distinguido arquitecto Víctor López Cotelo, Catedrático de proxectos na Escola de Munich e na Universidad de Madrid entre un longo curriculum, expuxo a súa famosa, premiada e ultimamente maltratada actuación sobre a rehabilitación dun espazo en Santiago de Compostela. O prestixioso mestre deixou leccións a moitos dos asistentes, arquitectos apuntados ao foro rianxeiro, onde explicou que a mellor intervención de rehabilitación é aquela na que parece que o arquitecto non fixo nada, trenzando a razón técnica ca emoción do lugar para poder proxectar sobre a obra.

f15

A xornada da mañá do sábado acabou nunha visita ás casas do remo. Nesta imaxe pódese ver a Santi “O Furón” explicando a idiosincrasia da súa propiedade e a forma de habitar este tipo de vivendas na súa época de auxe. Era moi cuestionado polo público do foro a forma na que podían desenvolverse e criarse familias tan numerosas en casas de entre 20 e 30 metros cadrados en planta.

f16

A tarde do sábado foi moito máis técnica, comezando a sesión cuns expertos en madeira (Adolfo Montero e Mario Carballo), os cales abordaron a recuperación da madeira na rehabilitación. Na imaxe destaca unha peza de madeira con máis de 200 anos, atopada nunha rehabilitación, a cal se conserva de forma intacta.

f17

O arquitecto e experto en estruturas en madeira “Jota” Gallego expuxo varias obras rehabilitadas onde a estrutura en madeira foi recuperada para seguir dándolle uso ós mesmos edificios con condicións actuais. Destacou a actuación estrutural realizada no recentemente polémico santuario da Virxe da Barca en Muxía.

f18

Se na xornada do venres tivo que ser un mestre arquitecto coma Manuel Gallego o que fixera prolongar os aplausos de forma espontánea entre os asistentes, o sábado foi na exposición final na que que participaron dous mestres ferreiros os que apaixonaron ó público asistente.

Santiago Martínez e Guillermo Rodríguez repasaron a varias experiencias prácticas nos oficios tradicionais, tanto dende un profundo coñecemento práctico (como se podía esperar de un artesán) como dende un amplo coñecemento técnico.

f19

O ferreiro mantivo ao público pendente das súas explicacións, que acabaron de forma práctica sobre unha bigornia na cal bateu e incluso rachou varias pezas metálicas. As súas leccións sobre o metal podían ser extrapoladas a calquera outro dos labores na rehabilitación, rematando a sesión preguntando se obxectos que foron feitos hai 200 anos chegan ata hoxe, por que na actualidade non as facemos igual se temos medios para facelo incluso mellor.

Nesta imaxe pode observarse como de forma paralela ao foro se realizou no Campo de Arriba unha pequena feira de rehabilitación, onde se podían ver profesionais do máis variado ca finalidade de abordar rehabilitacións con mellor calidade e eficacia.

f20

O domingo pola mañá era a última xornada de charlas, as cales concluíron co maior dos intereses, primeiro coas arquitectas do estudo K2C, proxectistas da rehabilitación do santuario da Barca en Muxía, obra moi polémica na poboación veciña.

f22

Imaxe de Carme García e Carmen Rey, que de forma máis próxima amosaban o seu proxecto de intervención rápida sobre o santuario de Muxía.

 

Para seguir cunha presentación entre o propio Carlos Coto, arquitecto da ARI de Rianxo e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños dunha plataforma para vivendas con potencialidade de ser vendidas-alugadas e rehabilitadas. A idea sorprendeu aos asistentes os cales a acolleron de forma unánime, incluso con intercambio de ideas sobre a forma de abordar o proxecto tan interesante destinado a casas abandonadas, para poder re-habitar os lugares e aldeas rianxeiras que se están a quedar sen habitantes.

f23

Adolfo Muíños e Carlos Coto presentando a iniciativa local para a rehabilitación

 

Este proxecto, segundo explicaban, nace ca finalidade de fomentar o emprego, crear un turismo de calidade, fixar a poboación local, custodiar o noso territorio e reducir o feísmo xerado por vivendas abandonadas e en mal estado de conservación.

Para concluír co 2º Foro de Rehabilitación de Rianxo, o cal xa de por si foi bastante aberto ao diálogo, non podía rematar de outra forma que con unha mesa redonda onde se trataron os temas que viñeron aflorando durante toda a fin de semana en Rianxo. Esta mesa estaba formada polos técnicos directores dos ARIs de Muros, Rianxo, Padrón, Vilagarcía e Noia e moderados pola xornalista Ana Gerpe.

f25

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: