Esta fin de semana pasada tivemos a oportunidade de desfrutar de novo counha nova entrega do Teatro Express, interpretado polo Teatro Airiños de Asados, baixo unha idea da Área de Educación e Normalización Lingüística do concello de Rianxo.
Nesta nova andaina que puido verse por tódalas parroquias do concello entre o sábado e o domingo pola tarde. Fíxose ver ó público os problemas que está a ter unha arte de pesca tradicional como é “o xeito”, e que tantos rompedeiros de cabeza está a dar a mariñeiros e á administración local (e da contorna) polo seu veto dende Europa.
Para a representación contouse coa axuda de Sabela Galbán quen, co seu acordeón, foi dando pé á historia que se reproducía a través dun “cantar de cega”
Velaquí unhas fotos da actuación nas escolas vellas de Asados que foi onde a fomos ver. Como noutras actuacións, o local estaba cheo ata a bandeira.
Apuntar tamén que a obra non rematará aquí, xa que breve percorrerá diversas localidades da contorna, despois de ser vista en Rianxo por máis de 500 persoas.
Deixar unha resposta