Tag Archives: balea

Foto da balea que chegou a Tanxil e foi a morrer na praia das Sinas

26 Mai

Balea_Rianxo_1915

Fernando Ponte Hernando, doutor en Mediciña e Cirurxía na USC e doutor en Historia da Ciencia na UdC envíanos esta fotografía. Como nos conta el mesmo hai uns anos publicou e presentou en Rianxo o seu libro sobre o Ángel Baltar Cortés. Por iso nos manda esta foto que lle cedeu a familia do doutor Miguel Gil Casares (1871-1931), a quién está dedicada.

Na foto pode lerse: “Villagarcía de Arousa. Playa de las Sinas. ¿? (Ballenóptero) que herido a tiros en Rianjo, vino a morir en riba playa el noviembre 1915”.

A historia, como sabedes, foi escrita no seu día por Rafael Dieste. E tamén foi recollida por Rabunho Rexeita, que sacou á luz as primeiras noticias sobre o tema, publicada en novembro de 1916, o cal non coincide coa data da fotografía. Pero, sen dúbida, é un documento único e de gran valor.

A balea que chegou a Rianxo, en 1917

12 Xuñ

Grazas a Rabunho Rexeita, podemos acceder a un documento único, un artigo de prensa na Gaceta de Galicia, no que se fala de que unha balea chegou á praia de Tanxil. O relato foi recollido máis adiante, no ano 1926, polo noso escritor Rafael Dieste, no seu libro Dos arquivos do trasno, baixo o título “De como veu unha balea a Rianxo“. A xente da zona quería facerse co cetáceo, e non dubidaron en pegarlle tiros, poñerlle dinamita e mesmo pegarlle machazados, pero ao final escapou. Como recolle Dieste, acabaría morrendo en Vilanova.

Agradacerlle a Rabunho Rexeita que nos deixe compartir o documento.

baleaPáxina completa en pdf.