Fernando Ponte Hernando, doutor en Mediciña e Cirurxía na USC e doutor en Historia da Ciencia na UdC envíanos esta fotografía. Como nos conta el mesmo hai uns anos publicou e presentou en Rianxo o seu libro sobre o Ángel Baltar Cortés. Por iso nos manda esta foto que lle cedeu a familia do doutor Miguel Gil Casares (1871-1931), a quién está dedicada.
Na foto pode lerse: “Villagarcía de Arousa. Playa de las Sinas. ¿? (Ballenóptero) que herido a tiros en Rianjo, vino a morir en riba playa el noviembre 1915”.
A historia, como sabedes, foi escrita no seu día por Rafael Dieste. E tamén foi recollida por Rabunho Rexeita, que sacou á luz as primeiras noticias sobre o tema, publicada en novembro de 1916, o cal non coincide coa data da fotografía. Pero, sen dúbida, é un documento único e de gran valor.
Deixar unha resposta