De novo foi un pracer poder pasear polas rúas de Rianxo e contemplar as alfombras que con tanto cariño e tanto esforzo fixeron moitos veciños da localidade. O noso recoñecemento e gratitude a todas esas mulleres, homes e cativos que estiveron toda a noita traballando para que o día do Corpus Christi en Rianxo sexa tan especial.
Tag Archives: alfombras de flores
Alfombras florais 2014
25 XuñO domingo pasado tivemos a oportunidade de ver un ano máis o resultado do traballo de meses, por parte de moitas e moitos rianxeir@s que se afanaron en confeccionar as alfombras florais que tapizaron as rúas de Rianxo no día da festividade de Corpus.