O domingo pasado tivemos a oportunidade de ver un ano máis o resultado do traballo de meses, por parte de moitas e moitos rianxeir@s que se afanaron en confeccionar as alfombras florais que tapizaron as rúas de Rianxo no día da festividade de Corpus.
Foron moitas, as horas que pasaron preparando estes marabillosos tapetes que poidemos ollar ó longo de todo o domingo, e a verdade é que Rianxo estaba ateigado de xente que se apañaba como podía para poder percorrer as rúas deleitándose coas cores e co arrecendo que invadía a vila.
Coméntannos tamén dende a organización que a xente que está a desenvolver este traballo ano tras ano faise cada vez máis maior e sería imprescindíbel a implicación da xente nova no proceso, sobre todo de preparación, corte e recolleita de flores e demais.
Aquí vos deixamos unhas fotiños que fomos facendo polo percorrido:
Deixamos tamén o enlace á páxina que teñen, e na cal foron colgando as fotos do proceso de confeción das alfombras: Alfombras de flores de Rianxo
Por último, só nos queda darlles as grazas a tod@s estas persoas que traballaron, un ano máis, para vestir con tanto colorido e fermosura as rúas da vila.
Preciosas alfombras e estupenda reportaxe. Ese sol sempre é un problema á hora de fotografar. Pasoume a min o mesmo. Pero locen moi ben. Graciñas polo agasallo.