A cantante María Xosé Silvar, Sés, foi a gañadora do premio Leixaprén, que recoñece a defensa e promoción da lingua galega. Sés, considera como a grande innovación artística da música galega, resultou ser a máis votada polos
Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián e a defensa e promoción que fai da lingua galega.
De feito, Sés impúxose por nada (164 votos) ao adestrador galego Fernando Vázquez (159 votos). A entrega do galardón foi o pasado o venres 20 de xuño de 2014 no IES Félix Muriel de Rianxo. No acto, Sés amosouse sorprendida por ser a gañadora fronte ao entrenador do Deportivo, “que pensaba que ía arrasar”.
Nun discurso moi directo e sincero, Sés tamén explicou aos rapaces do Félix Muriel que “cando eu tiña os vosos anos, ía a un instituto na Coruña e fun educada en español, nun entorno onde falar galego era unha vergoña”. Comenta que “sufrín moitos insultos, como todos os rapaces que na Coruña queríamos falar galego”, pero “non nos daba vergoña falar galego”, xa que para ela “o orgullo máis grande que teño nesta vida é ser galega”.
Explicou tamén que lle encantaría poder falar todas as linguas, pero “a miña é a que máis me gusta, porque é a miña”. Co galego foi tocar a moitos países, o que non lle pechou portas, porque tocaba igual que os demais, “porque a lingua non é algo que nos peche portas”.
Ademais, para aqueles que se avergoñan do seu idioma, dixo que “prefiro ser merda a ouro falso. Co ouro falso non se fai nada, coa merda, estércase”.
Despois disto, tocou “Canto aquí, canto na Habana”:
Deixar unha resposta