Os mozos de Rianxo escollen a vila para pasar o fin de ano

1 Xan

É sorprendente como as cousas poden cambiar grazas ao traballo e á constancia da xente. Hai uns anos era impensable celebrar o fin de ano en Rianxo e agora, semella inimaxinable non facelo. Todo polo estupendo labor que fan as Juadalupeñas.

Nada máis chegar a Rianxo xa se vía moito ambiente. E non arredor da carpa que tiñan as Juadalupeñas na praza de Castelao, senón nos bares da vila. Están cheos ata a bandeira o Castelao, o CBC, o Gallaecia, o Guadalupe… Incluso tiña xente o Memphis, que está máis afastado, o que dá boa mostra de todo o movemento e a xente que se concentrou en Rianxo esta Noitevella.

A xente entraba e saía da carpa onde as Juadalupeñas tiñan música, coa actuación de DJ Peri e DJ Juancho pinchando durante toda a noite.

Ás 3 da madrugada as Juadalupeñas repartiron gratuitamente entre todos os asistentes gominolas. A idea era repetir as badaladas todos xuntos, substituíndo as típicas uvas por uns doces fáciles de comer. Velaquí o vídeo do momento:

Ás 4 da madrugada caeu unha boa, co que as rúas quedaron de súpeto desertas e todo o mundo optaba por entrar na carpa ou ben por buscar o acubillo dos locais.

Como única nota negativa, ademais dalgún desencontro producido polo alcol, sinalar o pouco civismo con respecto ao tema de fumar dentro da carpa. A pesar de que as Juadalupeñas avisaron por megafonía, nas redes sociais e de que había numerosos carteis avisando da prohibición, houbo xente que fixo caso omiso. Preto de min puiden contar unha ducia de persoas (de todas as idades) fumando tranquilamente o seu pitillo. De feito dáme a sensación de que se produciu un efecto dominó ao ver a outros fumadores. De feito había moitos anos que non volvía á casa coa roupa cheirando a tabaco.

Iso si, dar as grazas á maioría de fumadores que a pesar do frío e da chuvia si pensaron nos que non fumamos e saíron a fóra do recinto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: