Acabamos de ter noticia de que a empresa The Navigator Company escolleu Rianxo como a súa sede en Galicia. A compañía papeleira portuguesa, que contaba en 2012 cunha facturación anual superior aos 1.500 millóns de euros, mercou hai pouco unha grande extensión das parcelas dispoñibles no polígono de Te. De feito, como puidemos comprobar, os operarios xa levan días traballando na base das novas instalacións.
Faise deste xeito realidade a noticia que publicara no mes de agosto o xornal Faro de Vigo. O diario vigués indicaba que “Portucel hará competencia a Ence en suelo gallego con una futura “gran base” forestal“. De feito, a papeleira buscaba un novo emprezamento no que “esquivar la nueva regulación del Gobierno de Lisboa, que prohibirá las nuevas plantaciones de esta especie a menos que se trate de espacios “no rentables” y deprimidos”.
Como apuntaba o Faro de Vigo, a celulosa buscaba facer competencia directa en Galicia, unha comunidade que conta con 425.000 hectáreas de eucaliptos. Así, no polígono de Té a empresa portuguesa ten un enclave perfecto para chegar aos montes das provincias de Pontevedra e da Coruña, que son os que contan con máis extensión desta especie arbórea tan cuestionada, pero que é a materia prima fundamental para fabricar celulosa.
Lembremos que hai máis dunha década, cando se desatara a polémica polo futuro incerto de Ence en Pontevedra, o antigo alcalde, Pedro Piñeiro, ofrecía uns terreos en Rianxo para que se crease unha fábrica de papel tisú. Daquela a noticia fora moi polémica e varios colectivos amosaron o seu rexeitamento, polo impacto ambiental que podía ter na ría de Arousa.
Se nos fixamos en Ence, xera una 1.100 empregos na zona (329 directos e 800 indirectos), polo que a nivel laboral se trata dunha noticia positiva. Queda ver precisamente o impacto que pode ter na ría, onde traballan centos de mariñeiros tanto na extracción de moluscos como no cultivo do mexillón e na pesca artesanal. De feito, en Pontevedra existe a Asociación pola Defensa da Ría, que leva anos denunciando a contaminación que este tipo de factorías producen alí.
ACTUALIZACIÓN: para que non haxa dúdidas, a noticia é do 28 de decembro, Día dos Santos Inocentes 😉
Tamen se rumorea que, The Condonation Company, con sede en Rwandiu (Laos), comprou unha extensión total de 288 hectáreas na zona de Campelo (Araño) para a fabricación de productos de Látex (ainda sen definir, non sabemos o que será fabricado ali). A compra, valorada en 2369 millóns de Euros inclúe os terreos e a compra de todos os neumáticos das estacións de servicio dos arredores para a obtención (mediante reciclaxe) das materias primas.