Nervios, risas, momentos emotivos, música e moita simpatía. O pregón co que Eva Iglesias daba comezo oficialmente as festas da Guadalupe 2017 tivo de todo. E, dende logo, deixou o listón moi alto para as próximas edicións desta celebración.
Eva Iglesias: “Dar o pregón da Guadalupe supón o broche a un ano redondo”
7 SetEste sábado, 9 de setembro, ás 14.00 horas, a nosa veciña Eva Iglesias será a encargada de inaugurar oficialmente as festas da Guadalupe. Farao lendo un pregón polo que di sentir unha gran “responsabilidade porque vai estar todo o concello pendente”. Así e todo, está “moi contenta e desexando que chegue ese día”.
O himno de Rianxo
11 Mar
Grazas á presentación do libro de Arcos Moldes de Comoxo e de Santos descubrín que Rianxo ten un himno, que foi interpretado alí en directo pola Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior en Rianxo.
Presentación do libro “Arcos Moldes, mestre sen escola”
10 MarO pasado sábado, 4 de abril, tivo lugar no auditorio de Rianxo a presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola. Trátase dunha revisión, máis detallada e con máis información da biografía publicada en 1994 por Xosé Comoxo e por Xesús Santos. Levaban varios anos traballando nesta obra, que agora ve a luz grazas á Deputación da Coruña e ao Concello de Rianxo.
Martes de entroido 2017
1 MarDeixámovos unhas cantas instantaneas do que deu de si o martes de entroido rianxeiro, con exhibición de Capoeira, obradoiro de caroutas, bingo…
Galego na rede
23 AbrA nosa veciña Helena Villar Janeiro, ademais de ser unha grande escritora, demostra ser unha estupenda mestra que se sabe adaptar a calquera medio. Tanto é así que a rede se converte para ela nunha estupenda aula virtual na que poder difundir e promover a nosa lingua. Ademais de aos seus máis de 5.000 amigos no Facebook, grazas ao seu caderno dixital, non só nos dá o seu punto de vista sobre a actualidade, senón que desenvolve un curso de galego coa metodoloxía que se emprega para ensinar calquera lingua. Falamos con ela sobre o tema. Seguir lendo
Museo vivinte dos oficios invisibles
14 MarNa mañá de onte, diante da casa museo de Manuel Antonio, tivo lugar unha pequena performance para recalcar a enorme importancia dos oficios que non se ven e que normalmente son desempeñados polas mulleres. Tratouse dunha iniciativa para visibilizar todo o que as mulleres fan e traballan, tarefas moitas veces non valoradas. Hai que lembrar que a semana pasada tivo lugar o Día da Muller Traballadora, unha data que sempre saca á luz datos escalofriantes sobre a discriminación que sofren no día a día en materia laboral.
Xornadas de Rosalía de Castro 2016
24 FebHoxe e mañá celebraranse en Rianxo duas xornadas de lembranza a Rosalía de Castro no 179 aniversario do seu nacemento.
Estrea da obra Escenas de Familias
13 FebOnte pola noite tivemos a oportunidade de disfrutar da obra Escenas de Familia, da man da directora Esther F. Carro deguas e cunha idea orixinal da Concellería de Benestar Social Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo Rianxo coa colaboración de La Caixa.
Francisco Alcalde: “A nova lei de Acuicultura pon en perigo os sectores que viven do mar”
10 FebFrancisco Alcalde (1973), coñece ben o mar. Antes de ocupar a presidencia no Consello Regulador do Mexillón de Galicia foi produtor. Natural de Taragoña, coñece a importancia que ten o sector para a economía local e costeira de Galicia. Por iso é unha das voces críticas da Lei de Acuicultura, contra a que toda a xente do mar se uníu como unha piña en Fuenteovejuna.