David Broncano: “Mis padres vivían en Rianxo, así que nací ahí. Es muy bonito”

16 Mar

Imaxe de El Periódico

Seguro que o coñeces porque é un dos humoristas máis destacados do momento. O que de seguro non sabías é que David Broncano, a pesar de que ten acento de Xaén, naceu en Rianxo. Con só 32 anos conduce un programa de radio na SER e ten un late night en Movistar #0. Hai pouco en El Periódico definíano como un “genio” do humor, sabendo rirse de calquera cousa “sin necesidad de recurrir a la burla o a la humillación”.

Non só é un gran cómico, senón que ademais se ve moi boa persoa. Tanto é así que incluso sacou tempo para atendernos e contestar  este pequeno cuestionario. Oxalá o teñamos por Rianxo máis tarde que cedo, porque el estaría encantando volver á terra na que naceu.

– Cal é a túa relación exactamente con Rianxo? Comentaches nalgunha ocasión no teu programa radiofónico “La vida moderna” que es galego e na túa ficha na Wikipedia pon que naciches en Santiago, así que tenemos curiosidade.

– Mis padres trabajaban en Boiro y vivían en Rianxo, así que ahí nací. De todas formas el lugar de nacimiento oficial es Santiago porque mi madre prefirió un hospital antes que parir en medio de la cocina. Manías suyas…

– Canto tempo estuviches na localidade? Lembras o lugar no que vivías ou quédache algunha relación na vila?

Mis padres estuvieron tres años pero yo sólo uno. Parece ser que vivíamos en el barrio de Fincheira, aunque yo no me acuerdo. Durante mucho tiempo volvíamos en verano porque mis padres tenían amigos ahí y porque es muy bonito.

“Vivíamos en Fincheira y mis padres trabajaban en Boiro”

– Recibiches o premio “Jaén, Paraíso Interior”. Aínda que che soe estraño, o lema de Rianxo era “Rianxo, o paraíso existe”. Encóntraslle lóxica ou realmente a nivel turístico non nos curramos moito os lemas?

Tiene sentido, sí. De hecho propongo hermanar ambos lugares y que el lema de Rianxo sea “Rianxo, paraíso exterior”.

Imaxe da Wikipedia

– Volviches alguna vez por Rianxo? Se non volviches, apeteceríache vir algunha vez aínda que fora para actuar (temos auditorio)?

Como decía antes he estado bastantes veces, aunque es verdad que ahora hace ya años que no. Me encantaría ir!

“Hace años que no voy y me encantaría ir a Rianxo”

– Oíches falar das festas da Guadalupe? Son 8 días de festa en setembro, o lema é “para o ano 15 días”. Así que sería outra opción para que veñas, pedirlle ao alcalde que che traia de pregoeiro.

Igual sería raro un pregonero rianxeiro con acento de la Sierra de Segura, pero bueno, por otro lado sería precioso liberalizar el mercado de los pregones. Y un honor, claro!

“Sería un honor hacer de pregonero en la Guadalupe”

– Deixndo a un lado tanta pregunta local, podémoste ver no late night “La resistencia” (na canle #0 de Movistar) e escoitarte en “La vida moderna” na SER. Tes tempo para algo máis?

Estoy intentando no bajar muchos puestos en el ranking de la Federación Madrileña de Tenis, pero me está costando, la verdad.

– E para acabar, a pregunta obrigatoria que sempre lle fas aos teus convidados: canto diñeiro tes?

Mi gestor me ha prohibido decirlo, al menos por escrito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: