Arquivo | xente RSS feed for this section

Taller sobre a paisaxe en Galicia

10 Nov

1 bastos

O pasado xoves o Concello de Rianxo organizou xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela un taller de participación libre sobre a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Imaxe extraída da plataforma na que se traballou durante o taller: http://somospaisaxe.org/

O taller foi impartido por Francisco García do Laboratorio do Territorio da USC e Inés Santé, Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Os participantes ateigaron a sala destinada a tal evento no auditorio, cun total de 14 asistentes onde se recollían varios arquitectos, algún fotografo, políticos… compoñendo unha variedade de persoas preocupadas polo entorno e o coidado do medio.

2 bastos

Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra ao profesor Francisco García explicando o manexo da plataforma na que se pode visualizar os puntos de interese paisaxística do noso país.

3 bastos
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto.

4 bastos

Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra o final da xornada, onde aínda había asistentes que alongaban os exercicios unha vez concluídas as horas de taller.

Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Os talleres celebrados coma o xoves pasado en Rianxo funcionan como base de datos de puntos de interese xeográfico repartidos polo territorio en base a coñecementos e intereses cidadáns. No taller rianxeiro quedou constancia de varios puntos de interese salientados polos participantes, zonas de gran valor paisaxístico e tamén de puntos negros ou degradados. Toda a información compartida poderá ser recollida e tida en conta en futuras normas sobre a paisaxe a nivel territorial.

Duarte Galbán, xefe de produción e guionista de Gafas e Pallaso: “Nunca pensamos que a nosa webserie tería esta repercusión”

10 Set
gafasepallaso

Duarte Galbán (con gravata) co resto do equipo da webserie. Cedida.

Na web de Gafas e Pallaso defíneno como o que “manexa o cotarro, quen está enriba do lombo de todos, quen lle chora a quen haxa que chorarlle”. Duarte Galbán (1992), este rianxeiro do lugar da Carballeira é o produtor da webserie galega de humor máis transgresora e sen filtros. Duarte defínea directamente como “cutre”, aínda que non por iso deixa de estar moi currada e romper esquemas polos xiros dos seus guións e por todos os cameos cos que conta. Mañá, os seus dous actores principais estarán dándolle a benvida á Guadalupe no chupitaso. Pero antes, queremos que coñezades que é iso de Gafas e Pallaso da man dun dos seus cerebros, un estudante de Comunicación Audiovisual que se encarga de todos os aspectos organizativos, de buscar as colaboracións e de ofrecer tamén ideas tolas ao seus argumentos imposibles.

Seguir lendo

Evangelina, 103 anos, e unha memoria prodixiosa

30 Ago

Evangelina (1)

É unha das persoas con máis anos do Concello de Rianxo. Igual ata é a que máis, pero iso non o sabemos ao 100%. O que si, para os anos que ten, está estupenda. De feito, non fago máis que repetirlle que coñezo xente de setenta e pico anos que está peor ca ela. Ela, Evangelina Frieiro Varela, rise e dime que foi unha lástima que non a collese cunha roupa mellor, para disimularlle as engurras da gorxa. Vamos, que xa que lle saco as fotos, que saia o mellor posible.

Seguir lendo

Entrevista a Óscar Reboiras

1 Xul

_MG_0547

Once da mañá do domingo despois da romaría de San Pedro. Aproxímome ó Toffe, onde quedei con Óscar para comezar a mañá. Vese que está algo impaciente, pois xa ten o zume de pexego a medias e normalmente é el quen chega tarde (eu son máis puntual….).

Pido un café con leite con xeo para coller forzas e logo de falar un par de cousiñas para ir tranquilizando ó xefe. Decidimos facer a entrevista na contorna do muíño da Laxe, en plena ruta do río Té.

Seguir lendo

Fotos da Pasarela Castelo da Lúa 2015

2 Mai

_MG_4744

Onte pola noite celebrouse unha nova edición da pasarela Castelo da Lúa no pavillón polideportivo de Rianxo. O evento estivo organizado pola Asociación Rianxeira de Empresarios, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Nun recinto ateigado ata a bandeira, puoidemos desfrutar dos pases ofrecidos polas distintas empresas de roupa, calzado, ópticas e complementos d@s socios da ARE.

Seguir lendo

Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo: “Somos unha gran familia que continúa coa tradición dos nosos maiores”

24 Mar

irmandade (1 de 1)

A piques de chegar a Semana Santa, falamos coa Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo, que promove e organiza os actos litúrxicos deste período. O cuestionario está contestado por Gustavo Galbán, irmán maior da Irmandade.

Seguir lendo

Álvaro Ordóñez, desenvolvedor da mellor app no concurso Faite Dixit@l!

10 Mar

alvaro Aínda que de seguro que moitos o coñecedes de velo actuar en Airiños ou de estar no bar dos seus pais, o Berberecho, Álvaro Ordóñez é un mozo estudante de Enxeñaría Informática. Como bo rianxeiro, presume de terra e de lingua. Tanto, que grazas aos seus coñecementos e habilidades desenvolveu unha aplicación para que escribamos ben en galego no noso smartphone. Esta app foi recoñecida como a mellor nun concurso organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.
Seguir lendo

Falece Carlos Gey, tenente alcalde de Rianxo

20 Feb

Hoxe é deses días nos que publicamos algo con moita tristura. Acabamos de coñecer a noticia de que faleceu de forma repentina Carlos Gey, tenente alcalde de Rianxo. Polo que dende aquí mandamos un abrazo á familia.

gey

Na cabalta de Reis. Foto de A Fiestra

Seguir lendo

Oferta cultural da fin de semana

20 Feb

NACHO C BEIRO cartel WEBImos hoxe coa oferta cultural para a fin de semana en Rianxo. E comezamos coa exposición “Retrospectiva” do pintor noiés Nacho C. Beiro. A expo, poderá visitarse dende hoxe mesmo (inaugúrase ás 20.30 horas no Auditorio) até o vindeiro 14 de marzo.

Seguir lendo

Fotos do martes de entroido 2015 en Rianxo

19 Feb

_MG_1327

Deixámovos hoxe unhas cantas fotos que fixemos o martes de entroido na praza de Castelao en Rianxo. Como vedes, volveu ateigarse de cativ@s con ansias enormes de pasalo ben. A carpa instalada no campo estaba chea de inchables, Wii, Ps4, e zona de pintado de caras.

Seguir lendo