Na mañá de onte, diante da casa museo de Manuel Antonio, tivo lugar unha pequena performance para recalcar a enorme importancia dos oficios que non se ven e que normalmente son desempeñados polas mulleres. Tratouse dunha iniciativa para visibilizar todo o que as mulleres fan e traballan, tarefas moitas veces non valoradas. Hai que lembrar que a semana pasada tivo lugar o Día da Muller Traballadora, unha data que sempre saca á luz datos escalofriantes sobre a discriminación que sofren no día a día en materia laboral.
Antes da representación da obra, vari@s integrantes da corporación municipal, leron uns textos preparados para a ocasión.
Deseguido, a rúa de Abaixo convertiuse nun pequeno museo vivente onde se homenaxeou a todas as mulleres que durante anos, e tamén no presente, realizan a diario tarefas relacionadas co fogar sen que estas sexan consideradas oficios ao non estar directamente remuneradas. E é que con este Museo, preténdese non só enxalzar, senón tamén visibilizar e revalorizar estes oficios, ao tempo que informar aos visitantes do valor económico que estes implican, directamente, para as familias.
Unha vez rematada a obra, puido oirse ao unísono por parte do público asistente do berro:
MULLERES AO PODER!!
Deixar unha resposta