O pasado xoves o Concello de Rianxo organizou xunto co Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela un taller de participación libre sobre a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Imaxe extraída da plataforma na que se traballou durante o taller: http://somospaisaxe.org/
O taller foi impartido por Francisco García do Laboratorio do Territorio da USC e Inés Santé, Directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Os participantes ateigaron a sala destinada a tal evento no auditorio, cun total de 14 asistentes onde se recollían varios arquitectos, algún fotografo, políticos… compoñendo unha variedade de persoas preocupadas polo entorno e o coidado do medio.
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra ao profesor Francisco García explicando o manexo da plataforma na que se pode visualizar os puntos de interese paisaxística do noso país.
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto.
Imaxe cedida polo Arquitecto Carlos Coto, onde se mostra o final da xornada, onde aínda había asistentes que alongaban os exercicios unha vez concluídas as horas de taller.
Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Os talleres celebrados coma o xoves pasado en Rianxo funcionan como base de datos de puntos de interese xeográfico repartidos polo territorio en base a coñecementos e intereses cidadáns. No taller rianxeiro quedou constancia de varios puntos de interese salientados polos participantes, zonas de gran valor paisaxístico e tamén de puntos negros ou degradados. Toda a información compartida poderá ser recollida e tida en conta en futuras normas sobre a paisaxe a nivel territorial.
Deixar unha resposta