A semana pasada inaugurábase no alto do Pico Muralla un mirador que medios como a Cope chegaron a definir como “un dos mellores de todo o Noroeste da Península”. Encravado entre Lousame e Rianxo, buscaba converterse nun referente turístico dentro do Barbanza, como tamén o é o mirador da Curota.
Carrozas no entroido de Rianxo 2020
24 FebO bo tempo permitiu que a animación na rúa e as ganas de festa non faltasen neste entroido. Como tampouco os premios, que foron ben xenerosos coas carrozas gañadoras. Facemos un repaso do visto onte en Rianxo.
Entroido no colexio de Rianxo 2020
21 FebTodos os anos centos de rapaces desfilan polas rúas de Rianxo dándolle a benvida ao Entroido. Este ano o tema escollido dos disfraces é o cambio climático, unha mensaxe para concienciarnos de que de seguirmos así estamos poñendo en risco o Planeta.
A Patrulla Caprina, unha oportunidade para o monte e para o futuro
20 FebDende hai uns días nos montes de Taragoña habitan novos veciños. En concreto cinco cabuxas, un castrón e varios cabritiños. Son a punta de lanza dun proxecto posto en marcha polo movemento veciñal Fousas ao Monte e que supón unha oportunidade para o monte. Seguir lendo
Resultados das eleccións xerais de novembro de 2019 en Rianxo
11 NovAnalizados os resultados das eleccións xerais de novembro no concello de Rianxo, a pregunta que nos facemos moitos é: cambiou moito o voto? Hai partidos que gañan e que perden votos. Vaiamos cos titulares:
Varios carriños de supermercado deambulan por Rianxo rematadas as festas
21 SetA Asociación de Veciños de Rianxo emitiu un comunicado amosando a súa preocupación polos carriños de supermercado que estes días deambulan polas rúas da vila unha vez rematadas as festas. Están pensando en lanzar unha campaña titulada “Non os abandones. Eles non o farían”.
Aproveitan o último día das festas para aprovisionarse de bolsas
21 SetVarias veciñas da localidade de Rianxo aproveitan o último día das festas da Guadalupe para surtirse de bolsas. “Agora que as cobran no supermercado, pasar polo Campo é unha marabilla”.
A Guadalupe 2020 terá un curso para saber usar os contedores: “Pensaba que eran para a carreira das Juadalupeñas”
21 SetXa coñecemos unha das novidades de cara á celebración do ano que vén da Guadalupe de Rianxo. A Comisión de Festas da Guadalupe, de cara ás festas de 2020, un curso para aprender a usar os contedores de lixo.
Bengalas, Rianxeira e moita festa: así foi o última día da Guadalupe de Rianxo 2019
21 SetTodo o bo se acaba. Por iso a noite máis festeira e máis triste do ano, chegou á Guadalupe. O momento no que miles de gorxas cantamos a Rianxeira. E a noite na que despedimos as festas.
Vídeo da Rianxeira popular e fotos do feirón mariñeiro pola tarde 2019
19 SetO feirón mariñeiro vaise animando conforme pasa o día, ata que ás 20.00h se celebra a Rianxeira popular nos xardíns da Ribeira. Por certo, se queres ver as fotos da mañá, pincha no abaixo.