Esta entrada vai para o meu amigo Mario, que foi o que me levou a descubrir a antiga casa rectoral de Leiro. Como podedes ver, está totalmente abandonada e feita un cristo (nunca mellor dito). Dentro estaba o antigo cinema da parroquia, como o demostra o carteliño de “Prohibido Fumar”. E nos arredores pode atoparse unha antiga cociña, os cortellos e un enorme hórreo (supoño que se enchía no seu día grazas á inestimable axuda dos veciños) que está a ser devorado polas hedras.
Durante a campaña electoral, o que ahora é alcalde dixo que iva intentar recuperar para o concello (previa petición á iglesia) esta casa de Leiro (e outras propiedades que hai no concello). Poderían dar moito xogo para o concello, pero a ver se Adolfo é capaz de torcer o duro brazo do clero.