Tag Archives: igrexa

Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)

26 Abr

taragonha_igrexa

Onte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.

Seguir lendo

A igrexa do Araño e cando lle caeu a tribuna

3 Xul

A igrexa do Araño é do século XVII. Coméntase que no seu día había un templo en Santa Baia, pero despois construiuse a igrexa arriba, onde está agora.

igrexa_aranho1

Como anécdota, cabe sinalar que en 1929 caeu a tribuna, que era de madeira, provocando un susto ben grande aos asistentes. Foi cambiada pola actual, unha de albanelaría. Foi tan soada a caída da tribuna, que por Rianxo circulaba un poema que nos comentou Xesús Santos:

Asados ponte firme
que o Araño xa caeu
e Taragoña está temblando,
co susto que lle meteu.

Seguir lendo

Malestar entre os veciños do Araño pola mala planificación de varias prazas de discapacitados

29 Abr

Onte, domingo, houbo unha reunión de urxencia na Asociación de Veciños do Araño ante as queixas de moitos habitantes da parroquia por como se está a desenvolver a obra de varias prazas de aparcamento para discapacitados xunto á igrexa parroquial. Ademais, van presentar un escrito formal ante o concello recompilando todos os problemas que observaron, aínda que xa estableceron contacto por teléfono.

A primeira queixa foi non saber para que era en concreto a obra que se estaba a realizar xunto ao edificio relixioso, xa que non tiña ningún tipo de información nin do promotor nin o sobre o obxecto:

obra1

Ante isto, varios veciños puxéronse en contacto coa AAVV da parroquia para preguntar. Dende a Asociación falaron co departamento de Obras do Concello, que dixo non saber de que se trataba. Non obstante, contactaron tamén co alcalde, quen informou que se trataba dunha obra para habilitar varias prazas de aparcamento para discapacitados finaciada por Arousa Norte.

Contactei coa AAVV do Araño e comentáronme que están encantados de que se invista na parroquia e se fagan cousas, pero dun xeito práctico, con sentido e pensando nos intereses de todos. En primeiro lugar, sorprendeu o tipo de obra, xa que os veciños consideran que sería moito máis práctico e barato pintar e habilitar zonas exclusivas para discapacitados, sen ter que furar:

obra2

Pola información que temos, a previsión é crear dúas prazas de aparcadoiro preto da igrexa e outras dúas máis arriba, preto do hórreo. Pero as dúas primeiras están moi afastadas da igrexa, a uns 100 metros da cancela de entrada, o cal non é moi práctico á hora de acceder ao recinto relioxoso:

obra3

Ademais, como se pode ver na imaxe, están situadas no medio dunha costa, polo cal unha persoa con cadeira de rodas non estaría na mellor zona para ir ata a igrexa, xa que hai unha pendente descendente. Así mesmo, á hora de volver ao coche, ademais de estar moi lonxe da entrada, podería ter dificultades pola costa arriba.

obra4

Por outra banda, as prazas habilitaríanse xusto na zona na que os autobuses (que ofrecen servizo por exemplo nos enterros) dan media volta.

Estes son algúns dos motivos que esgrimen os veciños que, como dicimos, solicitan que se fale con eles para pensar mellor a obra e sexa máis práctica e menos molesta. Estamos á espera do punto de vista do Concello por este tema.

ACTUALIZACIÓN: dende a asociación de veciños coméntannos que hoxe falaron co alcalde e van ter unha reunión (xunta directiva da AAVV + concello) mañá ás 20:30 horas xunto á igrexa.

A antiga casa rectoral de Leiro

6 Ago

Esta entrada vai para o meu amigo Mario, que foi o que me levou a descubrir a antiga casa rectoral de Leiro. Como podedes ver, está totalmente abandonada e feita un cristo (nunca mellor dito). Dentro estaba o antigo cinema da parroquia, como o demostra o carteliño de “Prohibido Fumar”. E nos arredores pode atoparse unha antiga cociña, os cortellos e un enorme hórreo (supoño que se enchía no seu día grazas á inestimable axuda dos veciños) que está a ser devorado polas hedras.











A igrexa parroquial de Santa María de Leiro

1 Ago

Velaquí varias fotos do exterior da igrexa da parroquia de Leiro.