Malestar entre os veciños do Araño pola mala planificación de varias prazas de discapacitados

29 Abr

Onte, domingo, houbo unha reunión de urxencia na Asociación de Veciños do Araño ante as queixas de moitos habitantes da parroquia por como se está a desenvolver a obra de varias prazas de aparcamento para discapacitados xunto á igrexa parroquial. Ademais, van presentar un escrito formal ante o concello recompilando todos os problemas que observaron, aínda que xa estableceron contacto por teléfono.

A primeira queixa foi non saber para que era en concreto a obra que se estaba a realizar xunto ao edificio relixioso, xa que non tiña ningún tipo de información nin do promotor nin o sobre o obxecto:

obra1

Ante isto, varios veciños puxéronse en contacto coa AAVV da parroquia para preguntar. Dende a Asociación falaron co departamento de Obras do Concello, que dixo non saber de que se trataba. Non obstante, contactaron tamén co alcalde, quen informou que se trataba dunha obra para habilitar varias prazas de aparcamento para discapacitados finaciada por Arousa Norte.

Contactei coa AAVV do Araño e comentáronme que están encantados de que se invista na parroquia e se fagan cousas, pero dun xeito práctico, con sentido e pensando nos intereses de todos. En primeiro lugar, sorprendeu o tipo de obra, xa que os veciños consideran que sería moito máis práctico e barato pintar e habilitar zonas exclusivas para discapacitados, sen ter que furar:

obra2

Pola información que temos, a previsión é crear dúas prazas de aparcadoiro preto da igrexa e outras dúas máis arriba, preto do hórreo. Pero as dúas primeiras están moi afastadas da igrexa, a uns 100 metros da cancela de entrada, o cal non é moi práctico á hora de acceder ao recinto relioxoso:

obra3

Ademais, como se pode ver na imaxe, están situadas no medio dunha costa, polo cal unha persoa con cadeira de rodas non estaría na mellor zona para ir ata a igrexa, xa que hai unha pendente descendente. Así mesmo, á hora de volver ao coche, ademais de estar moi lonxe da entrada, podería ter dificultades pola costa arriba.

obra4

Por outra banda, as prazas habilitaríanse xusto na zona na que os autobuses (que ofrecen servizo por exemplo nos enterros) dan media volta.

Estes son algúns dos motivos que esgrimen os veciños que, como dicimos, solicitan que se fale con eles para pensar mellor a obra e sexa máis práctica e menos molesta. Estamos á espera do punto de vista do Concello por este tema.

ACTUALIZACIÓN: dende a asociación de veciños coméntannos que hoxe falaron co alcalde e van ter unha reunión (xunta directiva da AAVV + concello) mañá ás 20:30 horas xunto á igrexa.

2 Respostas a “Malestar entre os veciños do Araño pola mala planificación de varias prazas de discapacitados”

  1. Eduardo 04/29/2013 ás 13:35 #

    A día de hoxe (29/04/2013) a obra segue realizándose ainda que temos noticas que só será o día de hoxe. Mañá esperamos poder máis noticias sobre o avance das obras e das protestas.

  2. Jose Luis 04/29/2013 ás 20:46 #

    Polo que vexo os cartos siguense gastando coma antes da crise, de calquera xeito. O señor alcalde vaime a parecer Rajoy, fixo moitas promesas e non cumpleu ningunha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: