Taragoña, a parroquia enfrontada coa Igrexa Católica (parte 2)

26 Abr

taragonha_igrexa

Onte explicábamos aquí como, alá polo ano 1968, chegara a Taragoña un cura que se gañou a todos os veciños e a toda a parroquia: Vicente Sampedro. Só botou alí dous anos, porque a Igrexa o mandou para Sobrado dos Monxes. E iso foi tomado coma unha afrenta, como unha mensaxe de que a xerarquía eclesiástica non aceptaba ese tipo de curas, de que non se querían clérigos que non cobrasen, que mirasen pola xente, que botasen unha man aos máis necesitados. E Taragoña reaccionou, como era lóxico, dando as costas á Igrexa.

Taragoña revelouse contra a decisión de cambiarlles o cura. Como se publicaba en El País, non querían a ningún outro. De feito, “el nuevo párroco no pudo siquiera encontrar casa y asiento en la parroquia”. Á fronte da sublevación popular estaba Felipe, o sacristán. Reunida a parroquia no adro da igrexa, Felipe soltou: “Se a este (don Vicente) non no lo dan, nós a outro non queremos”. Era un pulso directo á xerarquía eclesiástica: ou Vicente Sampedro volvía de cura, ou non aceptaban ao que puxeran no seu sitio.

A Igrexa, polo visto, non se quedou de brazos cruzados, e tratou de cortar rapidamente o problema. Non o conseguíu. Pero si que logrou que unha parte minoritaria da parroquia aceptase o novo cura. A outra parte, formada “por la gran mayoría, era partidaria de resistir y su forma de presión consiste, muy por el contrario, en declararse en huelga católica, absteniéndose de asistir a cualquier oficio que tenga clérigo alguno por protagonista”. Como consecuencia destes dous bandos, el El País sinalan que aquelas familias que asistían á Igrexa, que non estaban coa maioría, eran boicoteadas polo resto.

Taragoña, a nova Fuenteovejuna

Taragoña era unha especie de Fuenteovejuna. E así, cando a Igrexa mandaba xente investigar para saber quen era o cabecilla, quen instigara aquilo, a xente da parroquia dicía que foran “todos”.

A trascendencia disto é tan grande, que incluso un xornal tan tradicional e católicot como o ABC publica a noticia. Salientaban en abril de 1971 que os 3.000 veciños da parroquia non asistían a ningún tipo de celebración na igrexa dende había máis de 6 meses. Deste xeito, “todos los entierros en Taragoña se efectúan sin la presencia de sacerdotes, siendo el sacristán el encargado de celebrar las oraciones; no se celebraron bodas, pues los contrayentes acuden a otras parroquias de la comarca y los actos propios del culto se desarrollan sin asistencia de fieles”.

Igrexa Evanxélica

Ademais, como medida de presión, iniciáronse contactos coa Igrexa Evanxélica para construír unha capela protestante, e ata se fixo unha colecta popular a tal fin. Foi unha medida moi intelixente, buscando a competencia directa: se ti non me fas caso, non te preocupes que chamamos a outro que me queira.

En paralelo, os veciños continuaban falando coa Igrexa Católica, para que Vicente Sampedro volvera. E esta dicía que o traslado foi unicamente por un reaxuste na diócese. Loxicamente, non deu o seu brazo a torcer e don Vicente non volvería nunca a Taragoña.

taragonha_camposanto

Polo visto quíxose prohibir o uso do camposanto e da campá aos veciños díscolos coa Igrexa. Puxéronlles cadeas, que foron rompidas ao pouco. Así que os veciños seguiron coa súa estratexia: se a Igrexa pasa de nós, nós pasamos dela. As festas do Carme deixaron de selo para converterse nas do verán. Os bautismos facíanse, ao igual que no caso das vodas, noutras parroquias. As vellas quedaban no camposanto para rezar os domingos pola tarde. E os enterros eran sen cura, como víamos arriba. A campá avisaba se o enterro era con cura ou era laico. O primeiro deles foi en outubro de 1970 e “desde entonces a hoy”, publicada José Antonio Durán en El País, “salieron en Taragoña 230 entierros laicos (frente a doce con cura), lo que da idea de la evolución posterior y de la distribución del personal en el conflicto”.

Ermitas, a rezadora

Durán explicaba que unha cruz propiedade dos veciños abría a procesión funeria. Levouna Felipe, o sacristán, ata a súa morte. Despois pasou a Manolo de Toxo, “un vecino pobre al que avisan las familias (a quien suelen gratificar con alguna pequeña cantidad voluntaria, que oscila entre doscientas y trescientas pesetas por entierro)”. Despois era Ermitas a que tiña o protagonismo, unha “extraordinaria rezadora”, que “consiguió dar solemnidad y generosidad a los acompañamientos. En parroquia de tanta población, donde las defunciones son frecuentes, Ermitas sacrificó muchos días de su vida por participar en un rezo que Manuela, A Canteira iniciara (siendo sustituida, en alguna ocasión excepcional, por María A Candiña)”.

Ermitas non cobraba nada: “Eu os padrenuestros nonos cobro”. É dicir, o pobo reza unido polos seus, sen compensación de ningún tipo. Ermitas, como rezadora, ademais de a moitos veciños, enterrou o seu home, a súa nai e o seu pai. A partir deste último anunciou que deixaría de ser a oficiante. Isto abríu un problema grave, que se solventou cando outras veciñas se ofreceron a ser as rezadoras.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: