O Festival Antrospinos 2011

3 Ago

Antes de nada teño que dicir que este foi o primeiro ano que fun ao Festival Antrospinos (e iso que ía polo cuarto capítulo) e teño que dicir que estou moi impresionado. Sinceramente non me esperaba que tiveramos aquí ao lado, en Taragoña, un festival deste nivel: moitos grupos de todas as partes do mundo (ademais de músicos galegos pasaron polo festival artistas de Portugal, Arxentina, Barcelona ou Andalucía).

Pero sobre todo, o que me sorprendeu foi a organización. Había unha zona de acampada bastante amplia e con moitas tendas (o meu pai comentoume que o venres o pararan catro mozas portuguesas para preguntarlle por onde se ía ao festival).

O escenario era enorme, o cartel do máis variado e o lugar dos concertos estaba valado. A entrada era totalmente gratuíta pero non se permitía facer botellón, así que había un par de gardas de seguridade controlando que a xente non trouxera alcol. Entendo que era un xeito de poder afrontar os gastos do festival, porque no recinto a organización tiña as súas propias barras con bebida. Pero certamente quedoume a dúbida de se cos patrocinadores que teñen no cartel (a construtora Fuentes Esperante, a de pozos Tarrío&Suárez, a de polvo Fesba e a de autobuses Muíños) e co que puideron gañar entre bebidas e unha pequena tenda con artigos do Festival Antrospinos puideron cubrir todo.

Sinceramente, a miña felicitación aos organizadores, agardo que cada vez se coñeza máis o Festival Antrospinos e que dende o Concello se apoie a súa continuidade.

No perfil do facebook do Festival Antrospinos tedes un feixe de fotografías do evento, e recoméndovos que vos deades unha volta por alí, porque están moi ben. E eu tamén vos deixo algunhas que saquei do sábado. Estes son os andaluces Canijos Sin Fronteras, que cantaban a todas as Maris habidas e por haber: Maricarmen, Mariconchi… 🙂


E estoutros son os lisboetas Gilbert’s Feed Band, un grupo que intentaba irradiar alegaría e bo rollo no seu espectáculo:

Advertisements

2 Respostas to “O Festival Antrospinos 2011”

  1. F.A.P. 08/03/2011 ás 20:13 #

    Grazas desde a FAP por esta crónica que nos emociona e nos alenta a seguir turrando polo proxecto. Foi un ano de moitas espectativas, de moito traballo para acadar o Antrospinos capítulo IV, e parece que se cumpriu todo canto soñabamos en torno a el. Alegrámonos de verdade ao descubrir que ofrecemos algo digno de plasmar neste artigo. Seguiremos loitando por isto que comezamos hai apenas catro anos, agora aínda con máis folgos para non defraudar aos que tanto nos louvades. Grazas!

    • fotosderianxo 08/03/2011 ás 20:18 #

      Pola miña banda tedes todo o meu recoñecemento (o venres non puiden ir porque andaba en Portugal) pero o sábado para min foi unha sorpresa ver o ben que estaba todo, o bo ambiente que se respiraba e o nivel dos grupos. Parabéns polo voso traballo que entendo que son moitas horas e esforzo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: