Velaquí varias fotos do exterior da igrexa da parroquia de Leiro.
O Pazo dos Calotes do Araño
12 FebÉ un dos emblemas arquitectónicas da parroquia do Araño, e ata hai ben pouco daba pena ver esta inmensa edificación cuberta polas hedras e practicamente derrubada. Dende hai moitos meses está a sufrir un lavado de cara para adicar o espazo (tanto o pazo coma a capela que ten ao lado) a temas de turismo e restauración. E aínda que o resultado desta reforma non é tan bonito como a moitos nos gustaría (sobre todo polo adosado que ten o pazo detrás), mellor así que en ruinas.
Casa abandonada
7 DecEsta impresionante casona de pedra está en Asados. A verdade é que sorprende ver como a pesar do abandono e do descoido se mantén en pé dun xeito tan impoñente.
A ermida de San Pedro de Vilas
5 DecO acceso non é precisamente fácil e é doado pasar por alí sen saber que hai preto unha ermida. Está nun sitio illado no medio do monte e só recupera a vida cando en Asados se celebra a festa de San Pedro, non lembro exactamente que domingo do verán. Polo demais, debe ser unha das capelas máis antigas do concello, xa que diante ten unha inscrición que data do ano 1671.
Abandono en Rianxo
28 NovUnha pena que as bonitas casas antigas se vexas moitas veces así: caendo a cachos e nun estado lamentable. Por que non ninguén se encarga de que as arranxen? É mellor seguir construíndo urbanizacións?
O hórreo máis grande do mundo
17 OutAínda que moita xente pensa que o hórreo máis grande de Galicia e, polo tanto, do mundo, está en Carnota, realmente está en Rianxo, na parroquia do Araño. Mide 37,05 metros, fronte aos 36,53 m. do de Lira e aos 34,74 m. do de Carnota.
A casa de Rafael Dieste
11 XulVelaquí a casa dun dos máis ilustres personaxes de Rianxo, Rafael Dieste. Como ben recolle a Galipedia, naceu en Rianxo en 1899 e finou en Santiago de Compostela en 1981. Hoxe en día é ben coñecido por ser un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúese en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.
O Auditorio de Rianxo
26 MaiHoxe déixovos aquí unha imaxe do auditorio de Rianxo, ese edificio que tardou case tres anos en inaugurarse, que semella moi ben que non sabe que facerse con el, que vai acollendo algún que outro acto e que agora tamén alberga a biblioteca municipal.
Póñovos esta vista porque me encanta esta estatua, da que algún día vos porei un primeiro plano, adicada ás xentes do mar. Tamén podedes ver na imaxe o parque de Europa, con algunha das súas fontes.
A igrexa de Santa María de Asados
16 MaiComo toda parroquia galega que se prece, a de Asados tamén ten a súa, a de Santa María.