Tag Archives: pazo dos calotes

A antiga fonte do Pazo dos Calotes

2 Xul

Grazas ao gran Rabunho Rexeita, descubrimos que pegada aos Pazo dos Calotes (O Araño) había unha fonte preciosa:

fonte

 

Seguir lendo

Fotos antigas do Pazo dos Calotes nun proxecto artístico

8 Xan

Hoxe poño aquí un pequeno tesouro, unha curiosidade fotográfica que naceu dun proxecto artístico que desenvolveu a miña irmá Sheila cando estudaba Belas Artes en Pontevedra. Son fotos sacadas hai uns dez anos, cando o Pazo dos Calotes do Araño aínda estaba caendo a cachos. De feito, as imaxes realmente foron sacadas cunha cámara analóxica e estas instantáneas son fotos das copias en papel que ela sacou.

O proxecto artístico quería contar a historia dun espírito da familia dos Calotes, que esperaba un século despois da súa morte e atopaba en ruínas o que fora o seu fogar. Agardo que vos gusten.

Pazo dos Calotes fabi500-2 fabi500-3 fabi500-4 fabi500-5 fabi500-6 fabi500-7

Véndese o Pazo dos Calotes do Araño

29 Mai

O caso é que a raíz dun pequeno debate que temos no blog sobre o prezo da vivenda en Rianxo, decidín mirar na web fotocasa.es a como se estaban vendendo os pisos hoxe en día en Rianxo, e atopeime de sorpresa con que o Pazo dos Calotes do Araño está en venda.

O anuncio de venda ten data do 1 de marzo e a verdade é que me dá bastante pena. Na parroquia o que oíra é que o restos do pazo e o terreo foron mercados por dous matrimonios e que a súa idea era adicar o lugar ao turismo rural, vodas e eventos. Teño que dicir que fixeron un gran traballo, sobre todo porque antes o que había era todo unha ruína. Non sei que puido pasar para que agora o decidan vender e non continúen adiante co tema da casa de turismo rural (supoño que serán os cartos, como case sempre).

Se estades interesados en mercar, teño que dicir que non pon o prezo, senón “a consultar”, pero a cousa eu creo que pasa do millón de euros.

Como curiosidade, teño que dicir que me sorprendeu ver varias fotos miñas deste blog no anuncio de venda do pazo. Vese que os donos ou a xente que xestiona a venda tamén se pasou por aquí 😉

Foto antiga do Pazo dos Calotes

30 Abr

Velaquí unha imaxe vella de como era o Pazo dos Calotes antes da súa resturación:

A imaxe está sacada da páxina do Facebook “Araño Galiza“.

Imaxes do pazo restaurado.

O Pazo dos Calotes do Araño

12 Feb

É un dos emblemas arquitectónicas da parroquia do Araño, e ata hai ben pouco daba pena ver esta inmensa edificación cuberta polas hedras e practicamente derrubada. Dende hai moitos meses está a sufrir un lavado de cara para adicar o espazo (tanto o pazo coma a capela que ten ao lado) a temas de turismo e restauración. E aínda que o resultado desta reforma non é tan bonito como a moitos nos gustaría (sobre todo polo adosado que ten o pazo detrás), mellor así que en ruinas.

Capela do Pazo dos Calotes

Capela do Pazo dos Calotes

Capela do Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes

Pazo dos Calotes