Arquivo | edificios RSS feed for this section

Civilización

10 Abr

Ás veces, semella que nalgúns lugares hai anos polos que non pasa ninguén. Sitios abandonados, deixados da man de Deus, pero que no seu día tiveron vida e bulicio.

É o caso de moitos dos muíños que podemos atopar seguindo o curso do río Té. Hoxe en día fican completamente abandonados, adaptándose á contorna, cubertos de hedras, sen tellado nin portas.

As casetas dos pescadores ou o Bingo

27 Mar

En Rianxo hai bastante sentido do humor, por iso, ás novas casetas dos pescadores que fixeron os de Portos chámanlle o Bingo. Creo que non fai falta dar explicacións, non si?

bingo

A capela de San Bartolomeu

21 Mar

Unha das edificacións singulares de Rianxo é a capela de San Bartolomeu.

capela1

Está situada no porto de Rianxo, ao carón da lonxa e dos edificios onde os mariñeiros gardan os seus apeiros de traballo.

capela-de-san-bartolomeu

Polo que sei, antes estaba situada nun illote ao que se podía acceder cando baixaba a marea. Pero como en todas as vilas costeiras, fóiselle gañando terreo ao mar e agora é totalmente accesible dende a vila.

capela-de-san-bartolomeu2

O pazo dos Baltar

16 Mar

O pazo de Baltar está situado nun dos mellores lugares de Rianxo: fronte ao mar e xusto enriba da praia de Tanxil. De feito, se paseades pola praia, isto é o que veredes.

casabaltar1

Como vedes, ten unha frondosa vexetación. O certo é que a día de hoxe é un lugar abandonado, xa que a familia Baltar non vive no lugar, senón que vén de ramos en pascoas.

casabaltar2

O certo é que se trata de un casería imponente que leva anos en Rianxo e que pertence a este rica familia que, polo que sei, viven en Santiago. Polo que oín por aí, seica o cabeza de familia era médico e de aí lle viñan os cartos.

casabaltar3

Cólgovos tamén unha foto da entrada da casa. Dicirvos que no seu día a xente viña sacar aquí as fotos da súa voda, porque a cousa lucía.

casabaltar4

A praza da Igrexa ou praza de Rafael Dieste

27 Feb

Xusto no casco antigo de Rianxo podemos unha pequena praza á que todos os rianxeiros chamamos a praza da Igrexa (se se pode buscar algo sinxelo, para que complicarse a vida, non?), aínda que dende o Concello está bautizada como praza de Rafael Dieste. Forma un bonito conxunto coa igrexa de Santa Columba, o cruceiro e o pazo de Martelo, que ata hai ben pouco era a biblioteca municipal.

Nas fins de semana de verán, cando fai bo tempo, a xente adoita ir á terraza que hai na praza polas mañás e ver como se casa a xente na igrexa. Ata o lugar chegan os coches coas mozas a piques de casar e suben polas bonitas escaleiras do santuario.

Igrexa de Rianxo Santa Columba

Igrexa de Rianxo Santa Columba

O pazo de Martelo

O pazo de Martelo