Hoxe queremos difundir as imaxes que nos pasa un lector do blog sobre uns rexistros eléctricos que hai no recheo de Rianxo. Non sabemos se están conectados á luz ou non, pero non teñen ningún tipo de protección, polo que están expostos ao aire e a que calquera os poida tocar. Actualización: dende o Concello xa nos comunicaron que se van poñer en contacto con Portos, xa que esta zona depende deles. Seguir lendo
O que esconden as máquinas expendedoras en Rianxo
4 AbrAs casetas dos pescadores de Rianxo, popularmente coñecidas como o Bingo, agochan dúas máquinas expendedoras. Ata aí nada raro. Nunha delas, iso si, pódense ver unhas letras arriba que indican “CEBO VIVO”. Non é o habitual, pero se pensamos que hai moitos mariñeiros e pescadores, a verdade é que se pode tratar dun negocio interesante. Agora ben, estas máquinas esconden cousas que para un sitio tan tradicional coma Rianxo poden chocar. E avisamos que este artigo non é para menores de idade.
Seguir lendo
As obras da gasolineira do porto de Rianxo, a bo ritmo
10 FebTrátase dunha demanda que vén de antigo en Rianxo. Pero, por fin, semella que a gasolineira do porto de Rianxo será realidade nunhas semanas. De feito, xa podemos ver moi avanzada a obra que promove a empresa Neumáticos Soto (que xa ten outra estación de servizo en Taragoña).