O que esconden as máquinas expendedoras en Rianxo

4 Abr

maquinas1

As casetas dos pescadores de Rianxo, popularmente coñecidas como o Bingo, agochan dúas máquinas expendedoras. Ata aí nada raro. Nunha delas, iso si, pódense ver unhas letras arriba que indican “CEBO VIVO”. Non é o habitual, pero se pensamos que hai moitos mariñeiros e pescadores, a verdade é que se pode tratar dun negocio interesante. Agora ben, estas máquinas esconden cousas que para un sitio tan tradicional coma Rianxo poden chocar. E avisamos que este artigo non é para menores de idade.

maquinas2

 

Loxicamente, en toda máquina expendedora que se precie, hai chocolatinas. Así que un Kinder Bueno, uns Huesitos e un Tokke nunca está de máis. Xunto a estes doces, pois podemos atopar tamén uns preservativos Control. É certamente algo variado o que se ofrece, pero iso dos condóns tampouco nos asusta. De feito é algo que tamén se vende nas farmacias. Ademais, igual aproveitas para coller os profilácticos e, por se te cansas e queimas calorías, tamén algo para recuperar enerxía. O márketing éche así.

maquinas4

 

Ademais de Control, tamén tedes Durex. Non vaia ser que vos guste máis unha marca que a outra. E para os que gusten de fumar un pitillo, pois tamén hai papel de liar. Como digo, nestas cousas de seguro que está todo pensado.

De todos os xeitos, e deixando xa as coñas, está ben que os adolescentes teñan un sitio no que poder mercar preservativos con discreción e sen as miradas curiosos e igual desaprobadoras dalgunha xente. O primeiro é ter relacións seguras.

maquinas5

 

Pero pasemos ás cousas curiosas 🙂 Alomenos ás que non estamos acostumados a ver nunha máquina expendedora. Porque, señoras e señores, aí tedes dispoñible nin máis nin menos que un tanga. Lencería fina, como indica a caixa “confeccionada con materiales de alta calidad”. Nada de ir ao mercadiño o domingo ou á de Encarnita. Se queres un tanga, vas ao porto e na máquina expendedora, alí o tes, por 3€. De calidade e barato. Si señor.

maquinas6

 

E aquí seguimos con máis cousas. Porque xunto ás patacas fritas onduladas sabor xamón e a unha cousa que parece unha baralla de cartas de póker, tachán: un vibrador. Non me digades que isto é común velo en Rianxo. Eu, non pensaba que os houbera. Palabra! Pero está ben ver que os tempos avanzan.

maquinas7

E por se fose pouco, a falta dun vibrador, outro modelo por 11€. Xunto aos aparellos de pesca e demais. Xunto aos pistachos e ás patacas fritas, e arrimados ao cebo para os peixes, cun consolador. Pero non acaba aí a cousa, porque o bote branco e vermello que vedes ao lado, xusto na dereita, é o que se coñece como vaxina en lata. Aí, nunha máquina expendedora no medio das casetas dos pescadores, onde menos o imaxinarías.

Dende logo trátase dun sitio discreto, apartado de miradas curiosas, onde podes parar de noite e coller o que necesites sen que che vexan outros. Pero vamos, iso máis que máquinas expendedoras semellan un sex shop camuflado. Ademais, non sei como vai a cousa, pero isto pódeo coller calquera menor. As revistas pornográficas non está permitido que estean á vista nos quioscos. Non sei como vai a lexislación, pero é moi raro que calquera poida comprar este tipo de obxectos e que estean así, á vista pública. Sei que nas grandes cidades os había pero, dende logo, no caso de Rianxo resultoume sorprendente. Igual non somos tan tradicionais como pensaba 🙂

 

2 Respostas a “O que esconden as máquinas expendedoras en Rianxo”

  1. CARLA 04/08/2014 ás 09:59 #

    Que eu sepa a lei establece que se poden manter relacións sexuais dende os trece anos, se aínda te escandalizas por ver condóns penso que o que da vergonza eres ti

    • fotosderianxo 04/10/2014 ás 18:54 #

      Ola Carla. Se les o post, indico que está ben que haxa preservativos. O primeiro é a seguridade á hora de ter relacións. Ademais, tamén hai condóns en farmacias e supermercados. É algo normal. Se ves o meu post, fago bastantes coñas co tema, máis que nada porque está todo mesturado na máquina: cebo, patacas fritas e consoladoras.

      É no último punto no que me estraño, xa que non pensaba que nunha máquina destas en Rianxo se venderan. E ademais, están á vista de todo o mundo. Por iso comento que no seu día se prohibira o tema das revistas sexuais á vista nos quioscos polo tema dos menores. Pero vamos, que escandalizado non. Sorprendido de que haxa algo así en Rianxo, si. E quen o precise, pode mercar o que hai alí, claro está 🙂

      Unha aperta e graciñas por comentares.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: