As obras da gasolineira do porto de Rianxo, a bo ritmo

10 Feb

gasolinerarianxo

Trátase dunha demanda que vén de antigo en Rianxo. Pero, por fin, semella que a gasolineira do porto de Rianxo será realidade nunhas semanas. De feito, xa podemos ver moi avanzada a obra que promove a empresa Neumáticos Soto (que xa ten outra estación de servizo en Taragoña).

Ata o de agora, as gasolineiras estaban precisamente todas nesa parroquia. Incluso se comenta que se vai facer outra no polígono de Té. Pero en breve tamén abrirá as súas portas estas no centro de Rianxo. Iso si, non foi sen tempo, porque comezaron cos trámites para a súa construción en setembro do ano 2010.  Dende aquela choveu ben. Pero non foi ata finais do 2012 cando Portos deu o seu visto e prace ao proxecto. Antes, incluso pensaron en deixar atrás todo, vistas as pedras no camiño.

Hai que ter en conta que se trata de algo moi demandado non tanto polos condutores da zona, como polos mariñeiros. A día de hoxe tiñan que ir ata Vilaxoán para repostar carburante para as embarcacións. Outra opción é a de apuntarse na Confraría de Pescadores e, cando se xuntaban varios barcos, chámase a un camión cisterna de Ribeira que vén encher os depósitos. O proceso é algo lento, xa que se teñen que poñer todos na rampa que está preto da capela de San Bartolameu e esperar turno.

Cunha gasolinera na zona, xa non habería que agardar nin a un día sinalado nin a facer cola a unha hora determinada. De seguro que moitos se seguen acordando aínda hoxe da gasolineira que había en Setefogas.

Foto de La Voz de Galicia. Hevia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: