Tag Archives: vivenda

Abandono en Rianxo

28 Nov


Abandono, originalmente cargada por fotosderianxo.

Unha pena que as bonitas casas antigas se vexas moitas veces así: caendo a cachos e nun estado lamentable. Por que non ninguén se encarga de que as arranxen? É mellor seguir construíndo urbanizacións?

A casa de Rafael Dieste

11 Xul

Velaquí a casa dun dos máis ilustres personaxes de Rianxo, Rafael Dieste. Como ben recolle a Galipedia, naceu en Rianxo en 1899 e finou en Santiago de Compostela en 1981. Hoxe en día é ben coñecido por ser un escritor galego que pertenceu á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos do Trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúese en boa parte a creación do denominado Teatro Nacional Galego.

Casa de Rafael Dieste en Rianxo