Hoxe 28 de febreiro celebrouse en Rianxo a homenaxe a Rosalía de Castro, para conmemorar o 178 aniversario do nacemento da escritora padronense o pasado 24 de febreiro, cunha lectura de textos tanto da autora, como propios de entidades, particulares..
(foto propiedade de Fogo Fatuo)
(foto propiedade de Fogo Fatuo)
Todo comezou na praza de Manuel Antonio, onde tamén está a estatua de Rosalía, á cal lle puxeron unha touca feita polo colectivo artesanal Ondiñas Mainas de Rianxo, seguindo a proposta da SEGA (http://www.asega-critica.net/2015/02/rosalia-de-castro-aterece.html), o acto estivo acompañado polos gaiteiros de Fogo Fatuo que fixeron primeiro un pasarúas pola vila.
De seguido, as lecturas de texto traladáronse ó salón de actos da casa consistorial do concello debido ás inclemencias do tempo, onde Adolfo Muiños abreu o acto coa lectura dun texto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Para dar paso ó acto actuaron as Rianxeiras da Covecha, un grupo de tres irmáns afincadas en A Pobra do Caramiñal pero con fondas raices rianxeiras (como elas se definiron).
Logo pasouse á lectura en si dos textos e das cales vos imos poñendo unhas fotos:
-Comezou Hadriana Ordoñez:
Logo, tamén Pepa se encargou de dar a coñecer o colectivo Artesanal Ondiñas Mainas que escomeza a sua andadura en Rianxo, e foron @s encargad@s de confecionar o chal que se lle colocou ó busto de Rosalía.
Logo voltaron a actuar as Rianxeiras da Covecha.
O acto rematou cun convite a tod@s @s asistentes e a quen se queira xuntar ás próximas xornadas a Rosalía de Castro o vindeiro ano que ven.