Fotos da Guadalupe 2017: marcha en bicicleta

13 Set

Cada ano, o clube cicloturista Castro Barbudo organiza dentro das Festas da Guadalupe unha marcha cicloturista. A idea é que pais e fillos desfruten dunhas horas en bicicleta.

Como sempre, o día elixido foi o domingo pola tarde. Así que a iso das 5 da tarde, aínda coa barriga chega da comilona, se saíu do Campo.

O percorrido foi duns 8 quilómetros. E para os que se quedaran con fame, a marcha incluso tivo unha merenda no parque da praia da Torre.

Inscríbironse uns 60 nenos, polo que entre pais e organizadores, foron máis dun cento os participantes na marcha.

Como colofón, regalaron unha bicicleta entre os asistentes.

Deixar un comentario