Vergoñento

8 Xuñ

O pasado sábado fun dar un dos meus habituais percorridos en bici polo monte. E cal foi a miña sorpresa cando vin ao lonxe, no medio dunha das pistas de terra, algo que semellaba ser un can. O caso é que non se movía e cando me acheguei máis cerca vin que estaba equivocado.

Era un cabaliño dun dous meses que estaba realmente moi mal ferido. Da cantidade de cortes que tiña por todo o corpo, o pobre animaliño non se podía nin levantar, a pesar de que realmente estaba asustado comigo.

Presentaba unhas profundas feridas en cada un dos lados do pescozo e tamén nos cadrís. De feito, na pata traseira era tan profunda a ferida que a carne caía desgarrada e as moscas entraban e saían dun burato enorme.

Seguramente as feridas foron producidas polos cans que vagan soltos polo monte. Cans que no seu día foron de caza e que agora andan perdidos ou abandonados. Para que digan que eses cabróns chamados cazadores aman a natureza. Se se preocupasen algo máis de coidar dos cadelos non estarían os montes cheos deles, esfameados como andan, e se producirían estas situacións.

O caso é que, como digo, o cabaliño estaba practicamente agonizando da dor. Unha egua andaba pretiño, entendo que sería a nai, pero pouco podía facer por el dada a gravidade das feridas.

Posto ante esta situación, tiña dúas alternativas: pasar de longo e irme á miña casiña, ou intentar facer algo. E optei polo segundo. Non son unha persoa moi botada para adiante, pero ver así a este animal a verdade é que me removía por dentro. Total, que collín a miña bici de montaña e dei media volta, uns dous kilómetros, ata o posto de vixilancia do Pico Muralla, onde sempre hai alguén. Ademais, xa postos o mellor era avisar a alguén que coñecese a zona porque por teléfono a ver quen explica nada.

Despois do percorrido cheguei ao posto de vixilancia e pregunteille á persoa que alí estaba se era gardamontes. Díxome que si e intentei explicarlle o que vira, que non sabía moi ben como actuar, pero que o cabaliño estaba grave e malferido. Cal foi a reposta? Pois que o sentía moito pero que alí estaban para controlar o tema dos lumes e que en ocasións anteriores que pasara algo semellante e avisaran tanto ao Concello como a Medio Ambiente nunca aparecera ninguén. Vamos, que non se podía facer nada e que o cabaliño, se non aparecía o seu dono, pois alí seguiría.

E digo eu: realmente tan pouco vale a vida dun cabalo ou de calquera outro animal dos nosos montes? Realmente tan ocupados están na Consellería de Medio Ambiente da Xunta ou no Concello de Rianxo para non facerse cargo destas situacións? Entón, quen é o encargado de facerlle fronte a isto? Non hai ninguén aí para intentar socorrer a esta pobre besta? Realmente somos tan cínicos e tan cabróns os seres humanos como para abandonar á súa sorte a estes animais? Eu creo que a resposta é que si, que somos uns auténticos cabróns de merda. Para min é a única resposta posible visto que este cabaliño aí quedaba, á súa sorte. Seguramente non pasou nin desa noite e seguramente alí seguirá aínda, apodrecendo á beira do camiño. Lamentable.

Sinto no poder ter feito máis. Facer fotos a isto, aínda que sexa para denunciar algo nun blog, non é do meu agrado. A sensación de impotencia e de carraxe é grande, moi grande.

Advertisements

7 Respostas to “Vergoñento”

  1. mdominguez 06/09/2010 ás 06:37 #

    o meu aplauso e reconocemento publico, si todos puxeramos un anaquiño, oitro pais seria.dame vergoña aveces ser de este pais.
    http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/belen-esteban-ganara-un-mes-zapatero-doce/idNoticia-556071/

  2. paideleo 06/15/2010 ás 09:56 #

    Unha verdadeira humanada, como digo eu, iso de deixar sufrir un animal sen motivo.
    A min pasoume algo semellante cunha gaivota na praia que estaba a morrer. Comenteillo ao socorrista e nin caso fixo.
    En fin.

  3. paideleo 06/15/2010 ás 11:18 #

    Por certo, encántanme as túas fotos do Flickr.

  4. Nina 06/29/2010 ás 19:53 #

    Volviches pasar por alí? Igual alguén o recolleu…

  5. fotosderianxo 07/05/2010 ás 19:46 #

    Nina, non creo que ninguén o recollese porque estaba nunha corredoira no medio do monte, nun sitio de difícil acceso e xa eran case as 8 da tarde. Non creo que pasase da noite o pobre cabaliño.

  6. Uxía 07/12/2010 ás 15:33 #

    Pra outra (que agardo non haxa…) empregados dos centros de recuperación de fauna salvaxe desprazázanse e valoran o estado do animal. Se a recuperación é posible proporciónanlle coidados veterinarios no centro correspondente, se non polo menos o animal ten unha morte digna.

  7. maria 09/06/2010 ás 15:16 #

    Pois eu tería chamado ao veterinario que polo menos se non o sanaba sí que o teria matado e evitaballe o sufrimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: