Sen dúbida é o máis estraño cruceiro de todos cantos teño visto en Rianxo. O pé é dun cruceiro, pero a figura non é a típica. Non hai ningunha figura cristiá, nin virxes, nin santos nin Xesucristo na cruz. Só unha figura que lembra a certos pobos antigos, pero que non sabemos de cando pode datar.



A verdade é que é un cruceiro especial. Sempre me chamou a atención pola súa singularidade. Como se che ve moi interesado nos cruceiros déixoche un enlace á web do Concello, que no apartado de cruceiros inclúe moitos dos nosos cruceiros e outros elementos patrimoniais.
http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=229&idIdioma=2
Saúdos.
Tamén son significativas as cazoletas gravadas nos dous últimos chanzos da plataforma…(como acontece no cruceiro de Francos ou no cruceiro da Rapadoira en Fisterra)
Era un cruceiro de capela, a cal desapareceu unha noite segundo me teñen contado ala polo 50 ou 60 e a falta dela puxéronlle unha cruz que durou ata os 80 ou fins dos 70. Estivo varios anos sen nada ata que lle colocaron iso.