Pois de momento estouno a conseguir e dous dos tres candidatos xa deixaron que os entrevistase con preguntas feitas por lectores deste blog:
Quero agradecerlles a ambos os dous candidatos o seu tempo e a súa amabilidade á hora de recibirme e de responder ás miñas preguntas. É un exercicio de democracia atender aínda que sexa a un blogueiro, e fixérono.
Iso si, dende o PSOE de momento non tiven resposta…
Enlazamos e desexámoste sorte…
Paréceme moi boa idea que os lectores teñan oportunidade de facer preguntas. Realmente podemos estar entrando nunha nova era, sempre que non nos limitemos a facer as mesmas cousas cos novos medios. En Roman Paladino fomentemos a participación
Eu teria moitas ganas de enterarme de un par de cousas:
– por un lado, gustariame saber cal é o grado de estudios ou titulacións que ten cada un dos candidatos, e a que se dedican actualmente.
– por outro lado estaría encantadisimo de enterarme canto está cobrando a día de hoxe Carlos Gey do concello como asesor do alcalde.
Se estas preguntas foran respondidas, agradecer da miña parte a sinceridade, gracias!