A estela descuberta no Araño

31 Xan

En 1907, nas Miráns (parroquia do Araño), atopouse unha estela funeraria que hoxe en día se conserva no Museo de Pontevedra.

É de granito e ten unha altura de 2,43 metros. Arriba de todo hai unha figura, que unhas fontes din que é un home e outras que é unha muller, está vestida cunha túnica e ten o brazo brazo esquerdo levantado e un obxecto irrecoñecible na man dereita, á altura do cinto. Debaixo figura unha inscrición.

A inscrición, moi borrosa, semella dicir isto: “DIVS (sic por dibus) M S / POSINEIV / FILIA SV(o) / CONIVG(i) / DOIRAV / ANNOR(um) / XXX STTLE(vis) / PIVS IN[suis]”.

estelaAranho

Fonte: Cervantesvirtual.com e blog O noso patrimonio.

Unha resposta to “A estela descuberta no Araño”

  1. Eu's avatar
    Eu 02/27/2013 ás 10:30 #

    Espectacular, non coñecía imaxes dela, e a verdade, nunca fun ó museo de Pontevedra.
    Gracias pola aportación.

Deixar un comentario