
Antes de nada, darlle as grazas aos organizadores do XIV Autocross o Castro de Taragoña, á escudería Rallyactividad e ao meu veciño Sergio por convidarnos a cubrir o evento do motor por excelencia en Rianxo. A verdade é que non defraudou.
A tarde do sábado presentábase moi mala, con bastante chuvia e algo de néboa, pero así e todo os aficionados das catro rodas non faltaron. Xa vedes o acceso á pista, que estaba ateigado de coches que chegaron de Rianxo, do Barbanza e doutras comarcas.

A pista a verdade é que estaba ben mollada e os coches derrapaban un montón, o que lle daba máis emoción á proba.
A primeira curva do circuíto, cun xiro practicamente de 180 graos e no que máis incidentes se rexistraron, xa que era complicada. Pero moitos corredores souberan sorteala ben.

Nalgúns casos os participantes quedaron directamente empotrados contra a terra.

Velaquí vedes que a pesar da néboa e da chuvia todo o mundo tiña un sitio arrimado á valla, para non perder detalle do que pasaba na pista.
Os kart cross tamén fixeron as delicias dos que acudiron a presenciar a proba de velocidade:

Un destes case servía para labrar a terra para as patacas 😉

Comentar que desta vez, incluso houbo unha polbería dentro do lugar para que a xente non quedase con sede ou con fame.

Velaquí un dos kart cross que tivo que abandonar a proba, por unha rotura na dirección.

Estes aficionados trouxeron unha gran esqueira con sombrilla incorporada para ter unha visión de todo o circuíto:
E estoutros montaron a súa particular tenda de campaña:

Aquí a proba de menos de 1.600 CC:

Levantando roda traseira na primeira curva:

E de novo outro que se foi contra o lateral e xa non puido saír:

Velaquí outro vehículo deixando unha estela de fume pola pista:

Este coche levantou tanta terra, que ao final acabou coa llanta fóra:

Velaquí a proba de máis de 1.600 CC:

O comisario dando por finalizada a proba:
E, de novo, outra rotura de dirección na primeira curva do circuíto:









Deixar un comentario