Un ano máis, e van xa nove, celebrouse no auditorio o Día do Deporte. En concreto foi o pasado sábado ás 21.00 horas, momento no que o Concello de Rianxo recoñeceu o traballo dos nosos clubes de deportistas en prol do desenvolvemento do deporte local durante o 2013 e o 2014.
Nesta ocasión ,14 clubs deportivos, 10 deportistas e 13 patrocinadores foron os principais protagonistas da gala. Ademais, fíxose entrega do Premio ó Mérito Deportivo 2015, que recoñece a unha persoa cunha traxectoria de especial entrega e dedicación na promoción do deporte e dos valores deportivos en Rianxo.
Abriron o acto os integrantes de “Airiños”, os actores Mercedes Rodríguez Pimentel e Xián Iglesias. Eles foron os encargados de presentar, animar e ir guiando a gala.
A continuación falou o concelleiro de deportes, Joaquín Domínguez. A partir da súa invertención, fóronse sucedendo as entregas de premios.
O primeiro foi para a Escudería Rallyactividad Competición. Recolleu o galardón Diego A. Ferreira Triñanes (presidente) e un representante de Tarrío e Suárez (patrocinador). Entregaron o premio Adolfo Muíños e Marité Iglesias.
Por parte da Peña Cicloturística Castro Barbudo recolleu o premio José Ramón Castelo Vázquez (presidente) e un representante de de Autorecambios Barbanza (patrocinador). Deron o premio Julio Bustelo e Adelina Ces.
En canto ao Clube de tenis de Rianxo, foi recibir o galardón o seu presidente, Juan Carlos Fungueiriño. Recibiuno de mans de Vanesa Martínez.
Velaquí temos o momento no que Carlos Campaña, directivo de CCD Taragoña, recollía o trofeo, acompañado dun representante do patrocinador, Riberplus Automoción. De novo, Adolfo Muiños e Marité Iglesias fixeron entrega do premio.
Outro clube de fútbol, neste caso o SD Araño, estaba representado polo seu presidente, Ricardo Rial Figueiras e polo patrocinador, Distribuinosa. Joaquín Domínguez, Adelina Ces e Vanesa Martínez encargáronse de entregar o premio.
O terceiro equipo de fútbol local, o CD Unión, estaba tamén na gala, co seu presidente, Samir Sami Mátar e cos patrocinadores, a cafetería Toffe e Disteva. Entregaron o trofeo Adolfo Muíños, Adelina Ces e Marité Iglesias.
Comentar que Samir Sami quixo ter tamén un detalle co concello e coa familia do falecido Carlos Gey.
O acto continuación dándolle protagonismo á Liga rianxeira de fútbol sala. Recolleu Chema Abuín en representación de Martín Torres Ordóñez (presidente). Marité Iglesias foi a que entregou o galardón.
Velaqui tamén o deportista Pedro Galbán Lesende, que recibíu o recoñemento de mans de Joaquín Domínguez.
O palista local Luís Figueira Martínez tamén foi recoñecido neste evento, recibindo o premio por parte de Vanesa Martínez.
Máis palistas. Neste caso Carla Rañó Romero, con Adolfo Muíños.
Fabián Domínguez Abuín foi outro palista ao que se distinguíu durante a noite. Entregoulle o trofeo Marité Iglesias.
Zaira Aido Piñeiro, da selección española sub-19 estivo representada polo seu irmá Jairo. Fixo entrega do recoñemento Adelina Ces.
Velaquí a boxeadora Estefanía García Figueira con Julio Domínguez.
O premio Premio ó Mérito Deportivo 2015 foi para José Ramón Vázquez Gonzalez do Clube Piragüismo Rianxo. Moi merecido sen dúbida. Xunto a el, Julio Domínguez.Durante o acto, o músico e compositor Antón Alcalde deleitounos con dúas das súas creacións.
Tamén se recoñeceu a labor de Protección Civil de Rianxo. Velaquí José M. Castelo Collazo recollendo o premio por non poder asistir os representantes de Protección Civil. Entregou o galardón Marité Iglesias.
En canto ao Clube Voleibol de Rianxo, recolleu o premio Jorgue Vázquez Tubío (presidente) e Alicia Souto, capitana do equipo xuvenil. O patrocinador, neste caso, era O Mexillón de Ouro.
Por parte do Clube Náutico de Rianxo recolleron o premio Elisardo Fernández Villanustre (presidente) e Distribuinosa (patrocinador). Fixeron entrega Julio Domínguez e Vanesa Martínez.
O presidente do Clube Atletismo Rianxo, José Luis Lorenzo, tamén foi outro dos protagonistas da gala.
Velaquí o clube de Piragüismo de Rianxo. Alí estiveron Tino Rodríguez Romero (presidente), Cristina Noya Río, Lorenzo Mondragón Balbán, Manuel Batalla Rey e un representante de conservera de Rianxo S.A. (patrocinador). Entregaron Julio Domínguez, Vanesa Martinez, Adelina Ces, Maríté Iglesias e Adolfo Muiños.
Por parte do Clube de Remo de Rianxo, acudíu ao evento Ramón Vicente Vicente (presidente) e os representantes de Torneados Tubío e Fesba (patrocinadores).
Aquí podemos ver a ao presidente do Clube de Xadrez Rianxo, Néstor Martínez Dourado. O patrocinador do clube é Viajes Barraña.
Pechouse o acto cunhas palabras do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez.
Por último, tal e como comezamos, deixamos unha foto de todo o elenco de deportistas que recibiron premio nesta IX edición do Día do Deporte.
Deixar unha resposta