Agora que hai un grupo de mozos de Buía que están detrás da idea de recuperar o equipo da parroquia do Araño, colgamos aquí unha galería de fotos de como está agora mesmo o campo de fútbol. Roubaron uralitas, metal, cortaron cableado e mesmo romperon baños.
Aquí pode apreciarse como roubaron moitos dos tubos metálicos que rodeaban o campo para que non entrara o público durante os encontros: 
Esta é a zona na que se resgardaba a xente e tamén onde estaba a cantina na que se servían as bebidas: 
Velaquí os vestiarios dos equipos e dos árbitros:
Nos postes pode apreciarse como non hai ningunha lámpada das que iluminaba o campo:
Hai unha pequena caseta que era a que xeraba a electricidade ao campo. Roubaron e cortaron o cableado:
Este era o banco do equipo visitante:

E este era onde se sentaban os xogadores do Araño: 
O cuarto de baño está rompido:


















