Agora que hai un grupo de mozos de Buía que están detrás da idea de recuperar o equipo da parroquia do Araño, colgamos aquí unha galería de fotos de como está agora mesmo o campo de fútbol. Roubaron uralitas, metal, cortaron cableado e mesmo romperon baños.
Aquí pode apreciarse como roubaron moitos dos tubos metálicos que rodeaban o campo para que non entrara o público durante os encontros:
Esta é a zona na que se resgardaba a xente e tamén onde estaba a cantina na que se servían as bebidas:
Velaquí os vestiarios dos equipos e dos árbitros:
Nos postes pode apreciarse como non hai ningunha lámpada das que iluminaba o campo:
Hai unha pequena caseta que era a que xeraba a electricidade ao campo. Roubaron e cortaron o cableado:
Este era o banco do equipo visitante:
E este era onde se sentaban os xogadores do Araño:
O cuarto de baño está rompido:
É unha magoa que estea asi o campo.
E referente á nova directiva, espero que vaia adiante, aunque xa haxa na parroquia, os tres ou catro de sempre, que anden a criticar unha iniciativa tan boa como a de volver ter equipo na parroquia. Pola miña parte, dar todo o meu apoio á nova directiva, cousa que fixen dende o primeiro dia que fun a reunión.
Un saúdo.