Cada primeiro domingo de agosto celébrase na parroquia rianxeira do Araño a romaría da Virxe dos Milagros. Hai misas dende as 8 da mañá (desta vez cun cura xubilado porque o da parroquia estivo indisposto dende primeira hora) e ata a 1 do mediodía, cando se celebra unha misa con procesía incluída.
As misas son ao aire libre, nun descampado que hai pegado á igrexa e ao camposanto do Araño. Ao redor rosquilleiras, postos con xoguetes e sandías, velas e o típico bar da comisión de festas.
Pero a min, o que máis me segue a chamar a atención son os cartos que lle colocan á virxe no pelo, con billetes de ata 100 euros este ano, e que van gardando pouco a pouco ao longo das diferentes misas.





miña nai di que sinte non ir, hay que cumplir as priomesas, eso di miña nai
Encántanme as túas fotos, Óscar. Noraboa por este blog tan fermoso e interesante para os rianxeiros. Un saúdo,
Ramón Torrado Romero, dos Xens, no Araño